Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

lunes, 12 de febrero de 2024
Tigre ó axexo

O sol atravesa os cristais das ventás da cafetaría. Case queima, case abrasa. Como algúns recordos, como algúns momentos. Hai recordos e momentos que van máis alá de sinxelas metáforas, de simples imaxes. De simples imaxes fotográficas, por exemplo. Ou de simples conversas, ou de simples ruxerruxes.
Pingas de Orballo Recordos e momentos que se mesturan no tempo, que están aí, acurrunchados ou encollidos; en silencio. E cando asoman, fano con berros. Con berros, unhas veces, continuos e, outras, con berros secos. Hai berros que rebentan a imaxe dun espello, ou que empurran ó acto do desexo. Tamén hai desexos que se viven a berros e... en silencio.
O sol non tardará en acochar tras os edificios de enfronte. Deixará de queimar, de abrasar. Pero ferverán os latexos e os anhelos e os devezos. Sempre haberá instantes nos que a vida cabalgará sobre a ilusión, sobre esa esperanza que nunca se perde. O afán de vivir e soñar é eterno. Será sempre eterno.
O tempo pasa amodiño por diante do espello, ou por diante da propia cámara fotográfica. Mentres, o tigre está ó axexo. Porque o instinto animal é ese... o de choutar e abrazar a presa. Con ruído, mesmo con berros. Nunca en silencio. O tempo de silencio será para cando o acto, a acción, o feito remate nunha mestura de apreixos e desexos.
O sol acochou e os versos caeron, agora si, en silencio sobre un poema cheo de consolo e de moito agarimo, de moito afecto. Sempre hai momentos nos que, no silencio, berramos e, no ruído, quedamos en silencio; ó axexo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES