Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Necesitamos oportunidades

jueves, 15 de febrero de 2024
Fálase moito da igualdade de oportunidades.
En teoría todos temos acceso a todo; pero na realidade:
-AS CRIATURAS DE FAMILIAS POBRES REPITEN MÁIS CURSOS OU ABANDOAN OS ESTUDIOS ANTES.
Xeralmente os nenos pobres pertenecen a familias con menos medios de todo tipo.
Os seus proxenitores non poden axudarlles nos deberes escolares, porque tamén carecen de instrucción en moitos casos.
Tampouco poden pagarlles clases particulares.
Tampouco poden levalos de viaxe: ver mundo, coñecer lugares...
Tampouco dispoñen dun lugar adecuado no fogar para facer os deberes: luz, silencio, calefacción...
Tampouco poden levar unha alimentación equilibrada por falta de recursos económicos.
Pérdense moitos talentos por falta de medios.
-OS XOVES TÉÑENO MOI DIFÍCIL Á HORA DE EMANCIPÁRENSE
Unha vivenda é unha necesidade; pero está polas nubes.
Moitos xoves non poden emanciparse porque non poden aforrar.
Moitos xoves vense obrigados a quedarse cos seus proxeniores cando debían estar creando as súas propias familias.
Moitos xoves séntense inseguros á hora de dar un paso.
Moitos xoves non queren comprometerse porque non lles gusta o ambiente de inestabilidade reinante.
Moitos xoves non teñen estabilidade na súa vida laboral.
A xuventude merece máis oportunidades.
PATERNIDADE E MATERNIDADE APRAZADAS
Son moitos os xoves que esperan ata última hora para ter descendencia, outros néganse a tela porque ven a cousa moi complicada.
As familias numerosas escasean.
O relevo xeracional vese comprometido.
Cómpre motivación para que a xente nova poida emanciparse, crear o seu propio niño e dar lugar a novas vidas.
Ó paso que imos:
Poucas cotizacións e moitas pensións.
Se a incorporción ó mundo laboral se retrasa...
¿Qué pasará coas xubilacións?
HAI UNHDA IDADE PARA CADA COUSA
Na primeira etapa da vida requírese moita formación e non sempre é posible, ben por falta de madurez ou por falta de oportunidades.
Hai unha idade para independizarse e ter autonomía propia.
Se non se pode, aparece a frustración, non se crean familias, baixa a natalidade e prodúcese o desequilibrio poboacional.
Hai un tempo para a vida laboral; cómpre dála cana, non o peixe.
Se dámos a cana obrigamos a aprender a pescar.
Se dámos o peixe indefinidamente, estamos creando vagancia.
Toda persoa que está en idade de traballar, se llo permite a saúde, ten o dereito e o deber de facelo.
Cada día aumentan as persoas que viven nas rúas das ciudades por falta de medios: uns nos teñen traballo e otros non queren traballar.
Tamén están "os sin papeis" que son máis desfavaorecidos.
Moitas son mulleres xoves que sofren maltratos de todo tipo: violacións, abusos diversos...
Vivir na rúa debe ser moi triste: fame, frío, dor, soidade, desprezo...
Esto orixina moitos perigos
A solución non está nas axudas, aínda que veñan ben, a solución está cando cadaquen gaña o pan de cada día coa suor da súa fronte.
OS COMEDORES SOCIAIS NON SON A SOLUCIÓN
É tan alarmante o aumento de persoas sen recursos que os servizos sociais, non dan cuberto as necesidades.
Pobre do que non ten de seu.
Uns con tanto e outros con tan pouco.
Co que lles sobra a uns, amañábanse os outros.
Esto nunha sociedade civilizada non ten explicación.
O MEDIO RURAL ABANDÓASE
Son moitos os motivos que o xustifican:
O traballo no campo é moi duro.
O traballo do campo está infravalorado e moi mal pagado.
Os labregos piden prezos xustos que permitan vivir do seu traballo
Tamén piden servizos para as diferenes etapas da vida porque os nenos non teñen amigos cos que xogar e os anciáns carecen de actividades que favorezan a sociabilidade para evitar a soidade.
Sen servizos non se pode fixar a poboación.
A vida do campo precisa unha rexeneración profunda: empezando pola rendibilidade para os productos agroalimentarios.
No campo e o mar está a base da alimentación da Humanidade.
España ten campo e ten mar.
¿Para que ir a buscar fóra o que podemos producir na casa?
O transporte terrestre, marítimo ou aéreo: encarece e contamina.
Os productos de cerca son máis naturais e máis sanos, contaminan menos, fixan poboación e favorecen as relacións entre as xentes do lugar.
Necesitamos oportunidades para poder satisfacer as nosas necesidades.
"ALGO HABERÁ QUE CAMBIAR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES