Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grandes entroidadas

viernes, 12 de enero de 2024
Grandes entroidadas Estamos en pleno entroido. De entroido ten moito as eleccións galegas, principalmente cando se visten de felos os líderes nacionais. Esbardallan, critican, opinan, atacan, defenden e consideran que a amnistía zumba e os xuíces que dálle, pero do que importa nestas eleccións galegas, ou sexa, sobre todo o concernente, todo o relativo a Galicia non din hoste nin moste. Xa se ve o que lles interesa Galicia.

Tamén é verdade que nin ós propios galegos nos interesa moito. Outro entroido máis. Un de cada tres rapaces menos de 20 anos non é que non use a lingua galega, senón que é incapaz de manexarse con ela. Así, un neno de 17 anos chegou a confesar que sentía que tiña que deixar o galego para integrarse. Isto é moi forte! Canta tristura ante esta confesión!

Como entroidada é a que sacou o gran Carrabouxo na súa viñeta dicindo que "165.700 euros para programas de inmersión lingüística en inglés para rapaces". "E en galego?", preguntan. "En galego non, que igual afogan". Mírese por onde se mire, tanto polos de fóra como polos de dentro, temos a nosa lingua de capa caída, esmorecida. Mirade se a vexo mal que, eu mesmo, non vendo moita televisión (só adoita usala para películas), poño na Galega algunhas veces só para oír falar en galego. Aínda que isto sexa case coma tirarse ó río sen saber nada, porque a TVG... deixa moito que desexar.

O que máis me doe aínda sobre a nosa lingua son os ataques que lle lanzan unha e outra vez os propios galegos. Semella que invade o territorio, o poderío do castelán. Non son capaces de ver a propia realidade, a de que tanto o castelán coma o galego están sendo invadidos polo inglés. Sobre este ninguén abre a boca. Para que, se xa di O Carrabouxo o dos programas en inglés.

Xa que o asunto vai de linguas e educación, aí vai outra entroidada: os universitarios teñen peor ortografía e máis erros gramaticais. Normal. Co uso dos móbiles, agora mesmo non sei como aínda conseguimos escribir algunha palabra con xeito. Estamos desvirtuando de tal forma a linguaxe que non creo que tardemos moitos anos en editar dicionarios completamente novos e materias de lingua a estudar. As que hai agora quedarán obsoletas, caducas. Unha pena. Unha gran entroidada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES