O capador de Silva
Afilador
lañador
capador...
Por toda Galicia
la misma canción"
Francisco de Fientosa, 'El trebol de cuatro hojas'.
Que sabemos do capador de Silva? Non é moito, mais non pode quedar no esquecemento aínda que si sabemos que quedarán moitos máis por descoñecemento do que escribe e que todos eles forman parte da nosa historia, da historia da Galiza labrega que tiña que arranxarse como podía, e esa xente fixo grades milagres co
que sabía, e co que facía, por iso temos que estarlles eternamente agradecidos polo seu traballo que cumprían, moitas veces, sen nada a cambio, e outras, por importes que hoxe serían extremadamente ridículos.
O capador de Silva era un home de estatura media, sempre o vin vestido de traxe e sombreiro, xamais puxo gorra, era moi fino, moi diplomático nos seus xestos e na súa fala. Sempre andaba canda el o seu fillo, que era máis alto ca el. Moi boas persoas os dous.
O pai saía ás feiras e axudaba nos tratos a mercar ou a vender as vacas; se lle dabas un billete verde, axudábache a mercar unha vaca, tamén axudaba aos veciños e aos amigos.
Andaba sempre a cabalo, ademais tiña lugar e bens.
O que isto me conta, viuno menciñar unha vaca en Teixeiro "pero non sei que lle deu nin como o fixo, pero a vaca curou."
O fillo tamén foi capador, pero logo, cando veu a moda de poñer naves de polos, este puxo dúas en Mosteiro e deixou a profesión de capador.
Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero