Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 09 de febrero de 2024
A figura de caxato

Tomei o caxato de carballo e experimentei sobre el. Primeiro quixen esculpir unha figura de muller cunha saba de flor de toxo; a madeira estaba dura. Desistín. Optei por coller un misto e poñerlle lume. Ardeu. Co experimento souben moi ben que a madeira arde. Pena de futura figura. Cambiei tal acción por debuxala nun papel. Nun papel cuadriculado. A figura quedou ben. De almofada puxen outro caxato e, así, a cama Pingas de Orballosemella unha cruz. Pero sen a crucifixión da muller. Esta tan só dorme arroupada polas flores do toxo. Tan só por flores. Os toxos pican.
Cando rematei por completo a debuxo, e non tendo o caxato nas mans, optei por recoller a cinsa, metela nun frasquiño (sen ser unha urna funeraria) para, máis adiante, espallala, esparexela polas macetas nas que teño os xeranios. Sempre oín que a cinsa podía suplir ou substituír a outros abonos.
Como a conciencia estaba a furgarme un pouco as entrañas (deume non sei que queimar o caxato), fun correndo ó sabugueiro que teño á beira da palleira e, alí, collín outro caxato e prometinme que esculpiría á muller aínda máis fermosa, pero espida, non arroupada por nada. Espida por detrás e ensinando tan só as costas. Se fora por diante, os peitos obrigaríanme a labrar abondo coa navalla no caxato. E o que eu quería era rematar a figura canto antes... coma pedíndolle perdón por queimala no anterior caxato.
Dito e feito, non tardei en rematala e agora anda de continuo nun peto da miña cazadora, na que, meto a man, e sinto o tacto das costas do sabugueiro sobre os meus dedos. Con estes acaríñoa unha e outra vez.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES