Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moitas persoas sábeno

jueves, 08 de febrero de 2024
A verdade é que no mundo hai xente para todo.
Hai persoas ignorantes; pero tamén as hai moi sabias.
Hai persoas malas; pero tamén as hai moi boas.
Hai persoa xenerosas; pero tamén as hai moi avariciosas.
Hai persoas envidiosas; pero tamén as hai moi caritativas.
Hai apersoas golosas; pero tamén as hai moi sobrias.
Hai persoas moi airadas; pero tamén as hai con moita paciencia.
Hai persoas que levan unha vida moi lbertina; pero tamén as hai con moita moderación.
Hai persoas moi imprudentes; pero tamén as hai moi prudentes.
Hai persoas que saben o que teñen que facer e outras que van dando tumbos pola vida.
Xa din alí: hai de todo na viña do Señor.
SE TODOS FORAMOS PERSOAS SABIAS, BONDADOSAS, CARITATIVAS, SOBRIAS, PACIENTES, PRUDENTES, CASTAS...
¿Que mérito tería a vida?
¿Por qué teríamos que loitar?
¿Cales serían os nosos alicientes?
COMO A REALIDADE É A QUE É: TEMOS MOITO ONDE ELIXIR.
Afortunadamente nacemos dotados de liberdade.
E, ademais, temos a sorte de vivir nun país onde temos liberdade para pensar, dicir e facer o que nos pareza, sempre e cando midamos as consecuencias...
Aparentemente dá a impresión de que todo o monte é ourego.
Pero non.
HAI QUEN AMA A SABEDORÍA
- Son aquelas persoas que saben que a sabedoría hai que buscala a veces escondida entre eganosos atractivos, para acertar co camiño que máis nos convén para o noso crecemento persoal.
- Son aquelas criaturas que aproveitan a infancia para formarse para cando sexan maiores, porque queren ser cidadáns de proveito.
- Son aqueles xoves que se esforzan por non caer en multitude de tentacións que lles presenta a vida moderna: tentacións atractivas que botarían a perder o tesouro da súa divina xuventude.
- Son aquelas familias que, contra vento e marea, educan en valores a descendencia, coidan ós seus maiores como se merecen e esméranse para que non falte o pan corporal e espiritual no fogar.
- Son aqueles empresarios que saben administrar a súa empresa e tratan como se debe ós seus empregados.
- Son aqueles profesionais que calificamos como "a copa dun pino".
PORQUE HAI PERSOAS QUE DESEXAN MEDRAR INTERNAMENTE
Por eso poñen bondade no que fan: poñen todo o seu corazonciño.
Comparten con xenerosidade o que teñen e o que son coas persoas que encontran no camiño da vida: afabilidade, alegría, coñecementos, servicialidade e incluso bens materiais...
HAI PERSOAS QUE SE ARMAN DE PACIENCIA ANTE AS INXUSTIZAS E OS ATRANCOS QUE LLES PRESENTA A VIDA.
- Son aquelas persoas que non tiran a toalla, que non desfalecen.
- Son aquelas amistades leais que duran toda a vida.
- Son as persoas que levan unha vida casta conforme ó seu estado.
Non son persoas perfectas, pero inténtano unha e outra vez.
Caen como todas, máis ou menos; pero saben levantarse.
- Saben cambair, saben buscar axuda, saben cambiar o rumbo da súas vidas.
- Saben que mellorar é posible cando nolo propoñemos con decisión.
- Saben que é posible ser máis felices.
GRAZAS A ESTE TIPO DE PERSOAS, O MUNDO VAI EVOLUCIONANDO:
- Vanse conseguindo máis coñecementos.
- Vanse adquirindo mellores modos de vida.
- Vanse mellorando as relacións interpersoais.
- Vaise evolucionando como especie.
A LISTA ESTÁ ABERTA.
Nesa lista cabemos todos con tal de que cumpramos os requisitos que se esixen.
Estes requisitos poden adquirirse en calquera lugar e circunstancia.
Non se esixe ninguna titulación académica.
Non se esixe talla física.
Non se esixe un peso ideal.
Non se esixe ningún estatus económico.
Nin se esixen os datos do D.N.I.
Tampouco se esixe paridade.
Esta aberta tanto a homes como a mulleres.
Está aberta para novos e menos novos
É UNHA OPCIÓN.
Unha opción á que estamos todos chamados.
Soamente temos que estar atentos.
A veces: precisamos silencio.
Outras: precisamos soidade.
Tamén necesitamos a axuda do Espírito.
Confiemos que 2024 nos dea oportunidades para conseguilo.
"NECESITAMOS OPOTUNIDADES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES