Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fraga e Vilalba

miércoles, 07 de febrero de 2024
Sabendo que me meto en camisa de once varas, o ser vilalbés non é que me permita senón que me forza a escribir sobre o fillo de Fraga Bello que chegou a ministro. Na Fraga e VilalbaAcademia, Daniel Ferreiro contábanos que Fraga, daquela con corenta anos, "xa só estudaba doce horas diarias". Para os que estudiar dúas horas seguidas era un esforzo brutal, que alguén estudase doce era inconcebible.

Cando o fillo do antigo alcalde foi ministro, Vilalba fixo festa. Era o maior de doce irmáns, e comentábase que aínda era máis intelixente un irmán que morrera novo. Puxo a Vilalba no mapa, trataba con toda a xente, ao chegar a Vilalba collía un caxato e ía percorrer as fincas familiares, e o vilalbés que andivese por Madrid e precisara del tiña abertas as portas do seu despacho. Algún veciño en apuros sanitarios foi operado polo mellor especialista por xestión do vilalbés ministro que -luces e sombras como tododiós- propiciou aperturas como as Leis de Prensa e Liberdade Relixiosa e o milagre do turismo.

Cándido de min, coidaba que estaría redimido do seu pasado ademocrático (se algo é alegal cando non hai Fraga e Vilalbalei que o regule, cando non hai democracia ben podemos chamarlle así) tendo sido fundador dun partido democrático, un dos pais da Constitución, Vicepresidente do primeiro goberno da monarquía e Presidente da Galicia democrática con varias maiorías absolutas. Redención reforzada pola demostrada querencia vilalbesa, conseguirnos a cidade cultural que leva o seu nome e ser vilalbés senlleiro. Non me parece xusto quitar o seu busto nin borrar a súa memoria no rueiro vilalbés nin da cidade cultural que nos abríu os ollos ao futuro.

(Nas fotografías, Manuel Fraga Iribarne en Vilalba, o 30 de agosto de 1984, como Pregoeiro das Festas de San Ramón e Santa María e Mantedor do Certame Literario do Concello vilalbés).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES