Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (4)

martes, 06 de febrero de 2024
2. Esmoleiro da Virxe.
Coordenadas U.T.M. X: 627.746 Y: 4.746.842

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (4)
Esta expresión artística está empotrada nun muro, situado fronte á porta de entrada ao adro da igrexa. Consta dunha fornelana que hai unha imaxe dunha advocación mariana, que está protexida do exterior cun dobre cierre: primeiro de madeira e, logo, metálico ornamentado cunha profusa decoración moldurada e, tamén con flores artificiais.

Ademais, o conxunto está revestido cun dobre arco apuntado de cantería e con dúas bandas do mesmo material ornamentadas con elementos xeométricos. Por riba do arco apuntado sobresae a figura dunanxo, tamén de cantería, que nunha actitude orante sobresae pola amplitude das súas ás.

3. Cruz de Madeira
Coordenadas U.T.M. X: 627.172 Y: 4.746.839


Está situada no adro da igrexa. Trátase dunha pequena cruz latina, de madeira, situada por riba dun tronco de pino, que foi cortado xa que impedía a visibilidade do recinto sacro polas súas dimensións.

Foi realizada por Rubén Fenández Caballero no ano 2021 por encargo do antiguo párroco D. Alberte. Esta cruz amosa unha sección cuadrangular en ambos os dous brazos.

4. Cruceiro do Centro Público Integrado "Ramón Piñeiro".
Coordenadas U.T.M. X: 627.129 Y: 4.746.872.
Orientación: W-LESTE.


Esta manifestación popular, de dominio público, está situada no interior do C.P.I (Centro Público Integrado Ramón Piñeiro). Este cruceiro realizouno o canteiro José Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (4)López López, da "Casa de Subquinta", lugar de Vizcaia, parroquia de Muro (1). No seu conxunto, amosa unha serie de elementos artísticos, que nunha orde ascendente están dispostos do seguinte xeito: Unha plataforma granítica, de catro chanzos, que serve de apoio a unha base monolítica, que consta de dúas pezas: a inferior, de forma paralelepípeda cun dobre rebaixe cuadrangular de maior a menor extensión nas catro caras; e a superior, composta dunha pequena peza troncopiramidal, Por riba da base, o cruceiro alónrgase nun fuste monolítico de sección cuadrangular nos extremos e cunhas acanaladuras nas catro caras do varal e nas súas arestas. O fuste actúa de sostén dun capitel clásico, moldurado, que amosa volutas nos vértices superiores das arestas e unha cabeza de anxo en cada unha das súas; nunha orde ascendente, o capitel mostra as seguintes molduras: un filete, un cuarto bocel, un filete, un bocel, e unha media cana. Como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular no seu conxunto, que amosa tamén un tipo de cruz florenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira; no centro da cruz florenzada un pequeno obxecto ornamental de forma circular. O anverso da cruz mostra baixo unha cartela, na que pode lerse INRI, unha efixi ecristolóxica cos seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, situada nunha posición frontal; os cabelos e as costelas moi resaltados; as súas mans aparecen abertas e os seus brazos están estendidos ao longo da cruz, formando unha lixeira "V"; o perizoma está anoadoao lado esquerdo; e as pernas lixeiramente flexionadas amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre un supedáneo. O reverso amosa unha imaxe mariana moi rústica nunha actitude orante e, que amosa un manto sobre a súa cabeza.

NOTA:
1. Este canteiro dirixou as 'Escolas taller', que se levaron a cabo neste municipio no primeiro lustro dos noventa do século pasado. Os seus integrantes cooperaron na realización de diferentes cruceiros construídos no devandito lustro.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES