Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ares en Cuba: Unha emigración mariñeira

lunes, 05 de febrero de 2024
50 Alumnos da UNED Senior Coruña xunto co coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, visitaron a Escola a Tenencia en Redes de Ares.

A UNED Senior Coruña foi instruida da meritoria labor cultural e divulgativa da Agrupación instructiva de Caamouco a través dun dos seus fundadores, Ernesto López Naveiras, Alma Mater da publicación de A Tenencia, revista de historia local senlleira na cultura galega.

Ares en Cuba: Unha emigración Mariñeira

Este novo especial vai dedicado a difundir a corrente migración dos pescadores e mariñeiros da ría de Ares asentados na illa de Cuba desde mediados do século XIX. Os veciños de Redes, de Caamouco, da mesma vila de Ares e tamén de Mugardos, Narón, Miño... Ares en Cuba: Unha emigración mariñeiradominaron neste tempo o sector da pesca na badía da Habana e mesmo no golfo de México, traballando na frota pesqueira e no transporte de mercadorías e pasaxeiros, nos estaleiros ou en empresas subsidiarias do naval. Todos eles viviron e prosperaron co seu duro traballo no mar; os de maior éxito chegaron a ser propietarios de barcos ou a fundar empresas como a Compañía Cubana de Pesca y Navegación, S.A., que chegou a ser unha das máis importantes do sector na primeira metade do século XX.
As cadeas migratorias foron o principal factor que posibilitou a emigración masiva dos naturais da comarca de Ferrol á illa. Funcionaron ademais como un mecanismo de inserción laboral que confluíu na construción de «economías étnicas», caracterizadas pola adscrición maioritaria dos traballadores dunha comarca ou dun concello a uns oficios ou negocios específicos que controlaron na economía cubana ata o triunfo da Revolución. Os emigrantes aresáns, unha vez instalados no país, grazas á chamada e apoio dos seus veciños e familiares, e convertidos xa en propietarios de barcos ou dun pequeno negocio, reclaman pola súa vez outros familiares e coñecidos, aos que axudan a instalarse e conseguir traballo. Así vemos como se repiten os apelidos Casteleiro, Vizoso, Bello, Amado, Cancela, Prego, Ríos, López, Martínez, Blanco, Naveiras, Deus, Veiga...
Estes homes, emigrados moi novos pero coñecedores xa das artes de pesca na súa terra natal, comezan a traballar para os seus paisanos nos viveiros que faenaban na badía habaneira e nas costas de Iucatán, Campeche ou Florida; instálanse no barrio habaneiro de Casa Blanca, no que chegou a existir un enclave de barracas chamado «O Peixiño», cuxo nome evoca a colonia galega que alí vivía. Aínda que a pesca foi o sector maioritario, tamén destacaron no comercio, na hostalería e na explotación do carbón.
Estes emigrantes, con maior ou menor éxito, non esqueceron as necesidades da súa terra. Foron pioneiros na creación de asociacións de ámbito local en Cuba, coa fundación en 1904 da Alianza Aresana de Instrucción, que tiña como obxectivo principal fundar escolas no seu concello de orixe e contribuír ás necesidades dos seus paisanos. Pódense ver algúns dos seus logros na web As Escolas da Emigración do Consello da Cultura Galega.
A súa memoria tamén a percibimos nas rúas das vilas e aldeas da comarca nas casas indianas construídas polos emigrantes retornados, algunhas das cales podemos admirar no especial do CCG Ares Indiano feito en colaboración co Concello de Ares. Con este nome celébrase alí unha festa cultural e lúdica, e xa van cinco edicións, que pretende poñer en valor e gozar do legado histórico dos emigrantes desta vila mariñeira.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES