Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 02 de febrero de 2024
Melancolía e euforia

Cerrei o libro e deixei que a melancolía me empreñase os sentidos. Dicía aquel que a melancolía é o pracer de estar triste. Non estou triste, pero, de cando en vez, deixo que o tempo pase e que nada cambie. Ou sexa, que quedo aí e coa ollada perdida. Ou mirando sen ver.
Pingas de Orballo Aínda que, por veces, me vexo andando por algunha das cores do arco da vella. Ou por varias. Ou por todas. O peor é despois, baixarme delas. Semella que estou aquí pero estou alá. Semella que floto pero estou correndo. A miña situación, coa ollada perdida, é crítica. Porque me custa encontrarme. Tamén é certo que non me busco moito. Adoito quedar acochado e que me busquen as circunstancias.
Cando quero deixar de estar melancólico, coincide que escoito a Amapola de Ennio Morricone e iso é coma volver ó principio, á acción de cando cerrei o libro, a melancolía volve empreñar a miña razón, o meu xuízo. Hai temas musicais que deberían estar prohibidos por demasiado bonitos.
Non obstante, fago de tripas corazón, ou mellor aínda, trago fel e, en vez de empreñar, freo esa alegría musical que levo dentro marchando correndo para o alto dun outeiro e, alí, berrar con forza e consistentemente que o universo é meu. Síntome potente e con ganas de versificar o tempo; o que foi, o que é e o que será. Así, verso a verso, poema tras poema. Agora depende de que alguén os lea ou non.
Agora si que o tempo pasa e todo cambia. Volvo abrir o libro e somerxo en historias que non son miñas, en aventuras que non conto eu. A euforia é o pracer de vivir na gloria.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES