Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Romanceiro do Pedregal de Irimia, de Xosé Otero Canto

jueves, 01 de febrero de 2024
O escritor da Ponte de Outeiro Xosé Otero Canto ven de publicar o Romanceiro do Romanceiro do Pedregal de Irimia, de Xosé Otero CantoPedregal de Irimia, editado por Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Meira.

Con debuxos de Anxo Grande Penela conta o autor en cadanseu romance lendas que brotan, como a primeira auga do Miño, do máis fondo do Pedregal de Irimia na Serra de Meira.

O Pedregal é un terreo propicio para a maxia, o misterio e a lenda. Pasar por riba dos enormes macizos pétreos é unha sensación inesquecible, e sentir agurgullar a auga por debaixo dos nosos pes, no profundo do bosque inanimado, é como conversar coa natureza de igual a igual; como unha fusión máis aló do espazo e do tempo entre a auga, a pedra e o noso espírito.

Estou convencido que desta mesma sensación de irrealidade tan real está imbuido Otero Canto cando proclama que
As pedras do Pedregal
son homes petrificados
pois así quedaron eles
Romanceiro do Pedregal de Irimia, de Xosé Otero Cantofroito dos moitos pecados.

Unha luminosa LIMIEIRA de Felipe Senén abre de par en par con palabra de druída un mundo máxico que ten por puntos cardinais Castro de Rei ou Meira, o Miño e a Lagoa de Cospeito, as augas ou o Pedregal.

Velaquí un Romanceiro de lenda -de lendas-, desas especiais transmisións atemporais entre xentes con ilusión e con fe, que perciben a contorna e a vida con moitos máis mecanismos de recepción ca os cinco sentidos físicos. E Otero Canto fabula sobre as ideas máxicas do devanceiros para proporcionar un abano de posibilidades -que aínda que non fosen certas, serían ben trovatas- nas que un por chairego, por ilusionado e "polo si ou polo non" quere crer.

Augas nutricias do Miño,
arrolos de manancial,
ronroneo arremedado
para un meniño arrombar.

Por que non imos soñar con que Xupiter e Xuno fixeron dúas enormísimas fendas polas que discurriron o Miño e o Sil, e cando recapacitaron xuntaron os dúas correntes fluviais para entrambas conformar un mundo?

Por que non imos crer na vella que, fuxindo do diaño, vai soltando as pedras e fai máis humano -e á vez máis maxestático- o nacemento do primeiro brote do Miño na Serra de Meira?

Por que non imos marabillarnos de que Bernardo de Claraval fixese retroceder os demos que asolaban o mosteiro, ou de que infernais dragóns cargados de grandísimas laxas, ao non poder apedrar o mosteiro, crearon o pedregal?

Por que non puido haber neste lugar unha maga, Irimia, que fixo brotar as pedras para qos monxes, que devecían por este manancial, nunca puideran contemplar o nacemento do Miño?

Unhas colosais cuarcitas,
rochas silíceas de grans,
forman un río de pedra,
funil da faixa ao baixar.

O Pedregal de Irimia, nos altos da Terra Chá, fonte inagotable de auga patria, nimbado de lendas, ten desde agora un Romanceiro para soñar e cantar co son aparentemente monótono, sempre novo e harmonioso, do agurgullar das augas que conforman o primeiro espíritu líquido chamado a convertirse no Pastor dos ríos de Galicia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES