Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A 20 días vista

martes, 30 de enero de 2024
Hai anos, os negocios entre empresas e particulares facíanse a través de letras de cambio negociadas polos bancos que, previo pago, adiantaban o diñeiro aos libradores xestionando o pago polos librados. E as letras vencían en data fixa (xeralmente a trinta días), ou móbil, polo funcionamento das comunicacións, e en moitas ocasións o vencemento era "a oito días vista", o que quería dicir que en canto a letra estivera na man do cobrador, presentáballa ao deudor e, unha vez vista, debería aboala aos oito días.

Estamos a 30 de xaneiro, polo que temos as eleccións a 20 días vista, contado o de hoxe e o das votacións. E aínda sabendo que nos quedan por recibir milleiros de notificacións, xa nos tarda o 18F para votar e volver á relativa tranquilidade que os tempos permiten, anceiando que pase axiña o trance porque xa pesa a campaña electoral aínda non iniciada.

As eleccións non se gañan no último repentón, e se se gañan é porque aínda somos novicios despois de case medio século de democracia. O votante informado, formado, non vota en base ás promesas da campaña electoral, porque nese terreo e nese tempo a todos se lles quenta a boca e as promesas soños son. O voto temos que depositalo conscientes, seguros, libres; en base ao coñecemento e á experiencia; en base aos feitos, o traballo e a honradez; ao comportamento e ás traxectorias personais. Se fose así, as campañas só serían unha obriga legal informativa como complemento á experiencia de cada quen.

Temos que votar con sentidiño, sabendo o que nos xogamos co noso voto. Temos vinte días para cavilalo porque, vistas xa todas as letras, só nos falta pagalas coa moeda do voto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES