Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 01 de febrero de 2024
Ezequiel Sotomaior, o astrónomo

A televisión non sei que di sobre un extraterrestre que seica aterrou na Pitediña, na vila de Baños de Molgas. Non lle presto atención á nova, non lle fago ningún caso porque non creo que sexa verdade. Polo menos o meu amigo extraterrestre non me dixo nada. Certo que levo moitos meses sen saber del, pero ante tal acontecemento non creo que me deixase co azougue. Digo acontecemento porque, hoxe en día, aínda é raro que os extraterrestres cheguen de seguido por este mundo noso. Moita xente di Pingas de Orballo que xa hai anos que viven entre nós. Sigo sen crelo. E non só porque o meu amigo non mo dixera nin mo diga, simplemente porque non me cadra.
Son Ezequiel Sotomaior, o fillo da Laverca, e case podo presumir de que son astrónomo. Isto non evita de que practicamente todos os días xunga as vacas e vaia arar algunha leira que teño polas Costelas. Pero é certo que cando vou para o monte cos animais (catro vacas, un burro e tres ovellas), dedícome a estudar astronomía. Non sei, sempre me gustou todo ese azul (ou gris, cando o tempo non acompaña) que hai por enriba de nós. Vexo toda esa inmensidade e soño moito e bonito. Tamén xa sabedes de min que sempre quixen ser astronauta. Que si, que teño o traxe no faiado.
Como non lle fago caso á televisión, préstolle atención ós veciños, a ver que din entre eles. Só me chegan palabras soltas, mais vexo e noto ás leguas que eles tampouco cren a noticia. A un incluso lle escoito dicir algo do meu extraterrestre. Dáme a entender que o meu (o meu amigo, se entende) é un caso raro, un caso á parte. E todo o demais é borralla! Mesmo berrou con forza esta expresión. Eu, o fillo da Laverca, sorrín e seguín ó meu, ou sexa, a pasmar cos biosbardos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES