Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Datos que arrepían

lunes, 29 de enero de 2024
Hai datos que abraian, que espantan, que arrepían, que aterran e que deberían remover conciencias. Pero, por agora, as conciencias seguen ó ritmo do poderío ianqui e do xenocida Netanyahu.

Datos que arrepíanVan máis de 25.000 mortos en Gaza, dos cales 20.000 son mulleres e nenos, ou sexa, oito de cada dez, é dicir, quizais ou sen quizais os menos aptos para estar nunha fronte de guerra. Nas guerras, xa se sabe, a maioría dos mortos son inocentes. Os culpables, os que as armaron, os que as empuxaron seguen, e nunca mellor dito, en pé de guerra. Pero desde os despachos, claro; ou desde as tribunas, cámaras de televisión, parladoiros e reunións con outros executivos que lles abren os brazos para que sigan, día tras día, co xenocidio palestino.

Eses datos que espantan e arrepían sinálannos que nun mes morreron máis persoas en Gaza que ano e medio en Ucraína. O que, ó meu entender, amosa que tal xenocidio non é ningunha quimera, que é real, auténtico e espantoso.

O outro día, ante todo iso, a ONU realizou unha xuntanza para facer que intentaba poñerlle algunha solución a tal masacre ou hecatombe. Pois iso é, fixeron que intentaban: que esa guerra xa se pasaba un pouco da raia, que a ver se Israel se controlaba un chisco, etc. Pero, faltaría máis, evitou pedir un alto o fogo. Ou o que é o mesmo, que dentro duns días volveremos a xuntarnos para analizar ese xenocidio de, pois ó mellor, 50.000 mortos, sendo a inmensa maioría mulleres e nenos. Daquela, en vez de ser oito de cada dez xa son nove de cada dez. Cando chegue o momento de que non quede ningún palestino, a comunidade internacional actuará. Como non.

Derradeiro parágrafo para unha guerra sen mortos (por agora). A guerra política, a das eleccións á nosa Comunidade. A esta, en principio, non lle fago ningún caso. A proba é que me están evitando de ler tres ou catro páxinas dos xornais cos seus dicires, promesas, falsidades e demais trapalladas. Porque todos van facer o demo de cousas e felices coma nos contos dos nenos. Por certo, se cumpriran todo o que prometen, son eu o que auguro, o que presaxio que non habería presuposto (non só rexional, senón nacional) para tales promesas. Pero que sigan esbardallando, que o día 18 xa ditarán as urnas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES