Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frío

viernes, 26 de enero de 2024
Non recordo inverno frío coma este, pero a culpa non é do inverno. Sempre fun sensible ao frio pero na actualidade síntoo máis por esixencia dun corpo que precisa manifestar o paso do tempo. Teño oído que hai potentados que, diante de síntomas similares, durante os nosos longos invernos trasladan a residencia a ambientes máis cálidos -as Illas Afortunadas, por exemplo- e volven por maio pasar o verán á que xa é terra de promisión por mor do cambio climático.

Agora que o tempo está desmenuzado de tal maneira que nos indican temperatura, choiva ou sol, neve ou neboa, non en pasado ou presente senón en futuro, que nos acertan con precisión milimétrica a temperatura coa que nos atoparemos mañá ao asomarnos ao exterior, os monstros enerxéticos atoparon xeito de facer o seu agosto no inverno, a costa dos nosos fríos.

Para que non me esqueza do terrible que o frío pode ser, Iberdrola quéntame a cabeza cada dous ou tres días pedíndome un diñeiro que, segundo contas similares ás do Gran Capitán, ven ser o prezo do meu frío, menor daquela que agora, que pretenden curarme a base de sustos económicos.

Para evitar atracos contra os que hai pouca defensa, aconsellan aforrar enerxía, montar paneis solares na terraza ou no tellado, prolongar contratos ou sufrir en silencio as súas accións. Por agora non adoptei ningunha destas solucións e presentei reclamación en Consumo, agardando resposta oficial para saber que facer.

O que me anima é pensar que levamos andada a metade do inverno, que virá un verán cálido no que o sol me vai animar, e que se tivese que pagar o abuso do xigante enerxético, alomenos daquela non pasarei frío.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES