Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A chave da casa

miércoles, 31 de enero de 2024
Hai anos, nunha materia, explicáronme a metáfora da chave da casa. Referíase a que, como país de acollida, tiñamos que ter en conta a quen lle damos a chave. Lonxe da xenofobia, a metáfora era un convite a coñecernos "por enriba de muros e valados", como dixo Celso Emilio.

O caso é que a metáfora da chave da casa ficou en min e emerxe en distintos momentos da vida facéndome reflexionar. O momento máis evidente son as eleccións. Parece que na furna metemos un simple sobre pero realmente metemos os nomes (nomes nos que, a miúdo, nin nos fixamos e son a eles aos que debéramos recorrer ante calquera problema ou proposta) aos que confiamos a chave da nosa casa.

Por iso se di que votar require reflexión e, por iso tamén, quen exerce a nobre arte da política debera someterse a un control exhaustivo por propia vontade. A chave da casa non se lle dá a calquera pero, debería poder recuperarse en calquera momento.

É difícil delegar e, ao mesmo tempo, é moi cómodo. Quizais haxa que definir límites á delegación e canles de participación para que a cidadanía poida expresarse en incluso retirar unha chave en calquera momento. Isto, obrigaría a quen exerce a nobre arte da política a ter os pés na terra e non perder o norte.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES