Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 26 de enero de 2024
Outra das tres Marías

Son un fanático do deporte, en xeral, e do fútbol e o ciclismo, en particular. A ximnasia penso que se pode considerar un deporte. A que se levaba a cabo nos colexios dos anos 70 creo que era máis deporte que unha actividade física para estar en forma. Porén, eu odiaba a ximnasia!
Odiaba a ximnasia porque me sentía un pouco romo e, principalmente, covarde a causa do meu físico. De rapaz (agora xa me dá igual) sentía vergonza do meu propio corpo, da miña delgadeza. Non obstante, Pingas de Orballo algunhas actividades levábaas mellor ca outras. Asimilado o defecto físico, optaba por non desentoar moito. Con todo, había dous exercicios que, estes si, odiaba con toda a miña alma. Agatuñar polas cordas era un calvario, mesmo por aquelas que tiñan os nós para axudarse cos pés. A miña forciña nos brazos era a que era. Pola corda lisa, pola de sen nós, agatuñando só cos brazos, non conseguía subir nin medio metro.
Se a corda era o calvario, o plinto, o puto plinto era a morte. Na corda, o profesor podía intuír que a miña forza era a que tiña, pero ante o plinto sabía que podía saltalo perfectamente. Eu tíñalle pánico porque nunca o conseguía, sempre quedaba a media, é dicir, a cabalo do aparello. Unha vez debeume ameazar con que suspendería (lembrade, "as tres marías" aprobábanse sempre) que peguei tal bote no pequeno trampolín que nos puñan, que dei unha volta de campá e os compañeiros tiveron que agarrarme para que non me esnafrara no chan do pavillón, ou sexa, fóra da colchoneta. "Se queres podes saltar tres plintos", me dixo o profesor. Pero nunca volvín saltar desa maneira. Sempre quedaba de cabalo sobre o plinto e o meu odio a ese aparato seguiu toda a etapa escolar.

A apocalipse do Napalm

A pinga esvara polo brazo dereito. Non hai sol. Non chove. Máis ben vai frío. A pinga é de suor. Suor causada pola angustia ó ver como caen bombas de napalm sobre a chaira que se ve na distancia. Bombas lanzadas pola xenreira dunha idea. Aí está... o meu Apocalypse Now particular. E non son Francis Ford Coppola nin moito menos Martin Sheen.
Son o carrusel que dá voltas cando a noite asoma entre o soño e o sono, entre o toxo e a súa flor, entre o lapso que vai do remate do ruído ó inicio do silencio. Bailarei sobre a tumba dun escornabois, abrasado polo napalm Pingas de Orballo da inclemencia, aquela que arrasa a noción, o concepto, a consciencia do que puido ser e non foi.
A pinga secou xa a causa da calor. A congoxa xa dorme no sono profundo daquela fantasma ou espectro que deixou de roldar a habitación. Agora queda o tempo agatuñando en silencio polas paredes brancas dunha noite sen fin. Sempre pensei que o meu universo era tan só meu, pero vexo que unha simple vacaloura me remorde a conciencia. Porque algúns, poucos, aínda temos conciencia.
Esperto coa alegría dunha película que quero rodar ou dun libro que quero escribir, mais a quimera da vulgaridade fai que tal soño se volva pesadelo. E o berro de Chavela Vargas dime que ser covarde non vale a pena, porén a valentía é coma un arrouto seco que se dilúe, que se esfuma ante a calor do napalm. Non queda outra que pensar que a apocalipse está tan só na miña cabeza e que o universo é inmenso e bonito. Cantarei, entón, unha misa de réquiem polo escornabois da chaira, a única vítima dunha aversión que fungaba no aire. Toca volver ós tempos de aquí paz e despois gloria.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES