Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 24 de enero de 2024
O Forrest Gump molgués

Alguén me dixo hai unhas horas que eu era coma o vento cando zoa, para rematar recalcando que sería un verso negro nun poema que se estaba por escribir. Quedei, un pouco non, senón abondo abraiado. Eu, que só me sinto coma o Forrest Gump. É máis, son o Forrest Gump molgués. Ando de aquí para alá, correndo dun lado para o outro e peteirando en todo o que se move.
Pingas de Orballo Máis que o vento que zoa, son a galla que racha pola forza do vento. Máis que verso negro, son un poema cheo de sentimentos. Sentimentos que furgan na conciencia, que penetran no soño que se soña (son os máis reais) e que estouran cos latexos que reviven a un no luscofusco diario.
Son ese Forrest Gump algo parvo porque escribo parvadas, pero aínda que non sexa moi listo, sei o que é vivir, sei o que é correr, aínda que as carreiras non me leven a ningunha parte. Non obstante, sigo correndo. Cando saín da casa pensei que podía chegar ata A Valenzá. Cando cheguei pensei que seguro que chegaba a Baños de Molgas. E de aquí deica o infinito e máis alá. Sigo correndo.
A nai do auténtico Forrest Gump dicía que a vida é coma unha caixa de bombóns, nunca sabes o que che vai tocar. A nai do Forrest Gump molgués dicía que a vida é coma unha leira chea de regos, dos que si sabes cales tes que cavar... todos. A vida é o berro seco que lanzo desde o alto dun outeiro, ou tamén pode ser como cantaruxar In the Ghetto de Elvis Presley. A vida é o vento que asubía, a pinga que molla, o ruído cando acouga, o poema que rima, a canción que soa. A vida, para o Forrest Gump molgués, é un camiño á beira do río.

Os latexos do peón

Estou fóra do circuíto lingüístico. Métome no velódromo das voltas escritas. Para elo, dou tantas coma se fora un peón, unha buxaina. Un peón que baila ó compás dos impulsos das miñas palpitacións. Circulo coas ideas pegadas ás miñas ansias de dicir que o universo é todo meu. E que o de finito ou infinito depende. Depende como deixe caer os soños sobre o papel en branco. Aínda que, a maioría das veces, é cuadriculado.
Pingas de Orballo Estou fóra do foso da area ideolóxico. Déixome ir polo campo aberto da señardade. Fungo tres axóuxeres e poño punto seguido no velo que me cobre a visión. Tampouco fai falta ver moito para saber que a nugalla é o espírito de non querer facer nada e que o silencio é o intervalo, o lapso que vai dun ruído a un barullo, dunha algarabía a un estrondo.
Estou fóra dos parladoiros nos que se cuestiona o tempo. Cando todos sabemos que o tempo é o que é. E que pasa. E que rende. Agora cada quen que o use como queira. Eu penso quedar quieto e que sexa o ritmo de rock and roll o que me faga mover os pés e os cotobelos. Tamén a covardía baixa a contagotas para caer sobre o papel en branco. Neste caso, cuadriculado.
Estou fóra de Graceland porque me gusta escoitar Love Me Tender desde a planicie dunha almofada. Ante isto, sei que bailarei sobre a estrutura orgánica dun desexo. Sei que entre o escurecer e clarexar está a noite, igual que entre o luscofusco e o raiar o sol. Agora só me queda seguir o ritmo dos latexos do peón, da buxaina. Que vai moi rápido, pero... a ansia de soñar é moita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES