Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abrindo Camiño

jueves, 25 de enero de 2024
Contan que cando Domingo chegou ó sitio que hoxe coñecemos co nome da Santo Domingo de la Calzada, toda aquela zona estaba chea de vexetación e el tivo a idea de desbrozala para ir abrindo camiño ó seu proxecto.
Actualmente todos sabemos o que significa hoxe este lugar emblemático no Camiño de Santiago.
E tamén sabemos que hai camiños cheos de atrancos no corazón das persoas, porque:
NA VIDA DAS PERSOAS TAMÉN TEMOS MOITO QUE "DESBROZAR"
A mellor ferramenta é a educación ó longo de toda a vida, empezando pola que se recibe no seo familiar desde o momento do nacemento.
POR ESO A UNHA CRIATURA ENSINÁMOSLLE:
-A comer coa boca pechada, a mastigar ben a comida, a non desperdiciar os alimentos, a comer de todo...
-A portarse ben na casa porque son os que lle deron a vida, os que lle dan os alimentos, os que os coidadn cando están enfermos, os que lles compran larpeiradas, os que os levan ós sitios...
-A portarse ben na escola, a obedecer e respectar ó profesorado que é o encargado de ofrecerlles coñecementos para que poidan defenderse ben na vida cando sexan maiores.
-A portarse ben na igrexa, cando se trata de familias crentes, porque na igrexa ensínannos a doutrina de Cristo o fillo de Deus que veu a este mundo para ensinarnos que todos somos irmáns, que debemos perdoar incluso ós nosos inimigos, que necesitamos a súa axuda para no caer en tentacións...
-A saber respectar ás persoas maiores porque esas persoas están aí para axudarnos no noso crecemento persoal.
Desta maneia dámoslle pautas para abrirse camiño na vida.
Se deixaramos que unha criatura fora medrando ás súas anchas, encontraríamonos cunha persoa adulta igual que se fora abandoada na selva ó pouco de nacer.
A ADOLESCENCIA E A XUVENTURDE:
Tamén precisa moito sentidiño para abrise camiño a un nivel de vida digno que lles permita realizárense como adultos que leven o timón do mundo nun futuro que xa está chamando á porta.
PERO OS ADULTOS NON QUEDAMOS EXENTOS:
-O noso ego moitas veces pide o que non se lle pode dar.
-O noso egoísmo fai inviable a convivencia coas outras persoas.
-A envexa é a inimigo número un que non nos permite ser felices co que temos.
-Cando queremos sentirnos mellores que os demais, a nosa soberbia encárgase de construir un foxo ó noso redor.
-Cando poñemos o noso corazón na materia como un fin e non como un medio para acadar un fin superior: caemos na avaricia e, por moito que teñamos, nunca nos sentiremos satisfeitos.
-Cando nos deixamos vencer polos praceres da luxuria, os problemas multiplícanse.
-Cando non controlamos o noso mal xenio, as nosas xenreiras, estamos atentando contra a propia paz e a das persoas do noso carón.
-E cando a gula se apodera de nós, botamos a saúde a perder e esquecemos que moitas persoas morren de fame tódolos días.
PARA ABRIRSE CAMIÑO NA VIDA, NON SON SUFICIENTES AS NOSAS FORZAS POR MOI AUTODIDACTAS QUE NOS SINTAMOS.
Necesitamos a axuda doutras persoas e tamén a iluminación do Espírito que toque as nosas almas aínda que sexa cunha luz tenue.
Non se sabe moi ben a onde pode chegar a crueldade humana se non lle poñemos uns límites.
Afortunadamente eses límites váinolos poñendo a propia vida e o noso corazón.
No fondo todos queremos ser bos, a veces incluso nos parece que somos bos se non escoitamos a voz da conciencia.
Por eso é tan importante educar a conciencia e escoitala para non estar enganándonos a nós mesmos.
ABRIRSE CAMIÑO NA VIDA É UNHA TAREFA QUE DURA TODA A VIDA.
Por moitos coñecementos que adquiramos, por moitas experiencias que tiveramos na vida e por moitos anos que levemos vivido: sempre haberá algo que mellorar.
Cada un sabe as súas propias debilidades que obstaculizan a convivencia.
Canta dor, canto sufrimento se poderían evitar se cadaquén soubera abrirse o seu propio camiño, sen meterse na vida dos outros, para facer un mundo máis feliz para todos.
Temos ante nós un ano bisiesto.
Un tempo para descubrir o noso propio camiño que favoreza o noso benestar e máis o das persoas que nos rodean.
Un tempo para ir deixando atrás algo do que impide avanzar o noso crecemento como cidadáns de ben.
Deste xeito iremos avanzando en paz e prosperidade.
Porque a Humanidade enteira está pedindo a berros:
"PAZ E PROSPERIDADE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES