Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 23 de enero de 2024
O lagarto

Sentei ó sol. Coma os lagartos. E movía a cabeza dun lado para o outro. Coma os lagartos. De cando en vez tamén a erguía. Coma os lagartos. Estaba nun amén de converterme en lagarto.
Nunha das veces que alcei a cabeza vin a unha muller nun balcón tendendo roupa. Semellaba guapa. Co pelo longo. Imaxineina no alto da varanda e con claros Pingas de Orballo xestos de que se tiraba. Fíxena voar. E perdeuse por entre os raios do sol. Non puiden seguila moito tempo porque a luz, o resplandor da inmensa estrela amarela cegaba un pouco.
Como lagarto que era xa, vin como pasaba un coche vermello. Ó mellor era laranxa. Pasou tan rápido que foi coma un lóstrego pero sen treboada algunha. Lembrar que hai un sol de carallo e que, eu, estou a tomalo coma os lagartos. Certo, xa me sinto lagarto.
Agora mesmo, non sei se é á causa da exposición ó sol, pero o caso é que me doe a cabeza de tal maneira que semella que me están golpeando cunha maza. Sinto tanta dor que ergo, iso si, moi lentamente e poño posición de touro. Mellor aínda, de carneiro. Sen pensalo máis, lánzome de cabeza contra a parede da cafetaría. Rompo a parede. Tremen os cementos. E a min non me aparece ningún croque. Xa sabía que tiña a cabeza dura, de cemento ou de granito. Non imaxinaba que tanto.
Volvo, entón, a sentar ó sol. Coma os lagartos. Son xa ese lagarto que contempla a vida pasar. Menos a muller guapa do balcón, que nel segue tendendo prendas e máis prendas de roupa. Ningún suxeitador. Babexo, baballo coma un lagarto.

Os cinco pelos da cabeza de Gervasio Caneiro

Chove sobre a cabeza de Gervasio Caneiro. Case digo mellor que chove sobre os cinco pelos da cabeza de Gervasio Caneiro, O Medio Pelado. Tal como digo: só ten cinco pelos. Sempre tivo cinco pelos. Desde o primeiro día que viu a luz do mundo, cando o pariu súa nai xunto ó cortello dos porcos. Ó principio non lle deron moita importancia á súa calvicie, porque pensaban que xa lle aparecerían máis. Mesmo chegaron a facer Pingas de Orballo bromas con que, ó final, sería un home peludo. Hoxe está igual que hai corenta anos: medio pelado. Claro que, por cinco pelos xustos, pódese dicir perfectamente que está pelado de todo.
Cando a familia e os médicos (que nunca souberon dar unha explicación) viron que aquilo xa sería como era, a nai -sempre unha nai por medio- nunca se deu por vencida e sobre a cabeza do seu fillo usou todos os remedios ou produtos habidos e por haber. Quizais o máis esperpéntico foi o de cando lle botou sobre a cabeza esterco das pitas. Tal cal. Ante iso, normal, o pobre Gervasio botou dous días sen saír da casa. Polo do cheiro. Pero nin con esterco, nin con vitaminas, nin con sulfatos a cabeza do Medio Pelado seguiu sempre cos cinco pelos.
Cinco pelos que nunca cortou. A nai non tardou entón en facerlle unha trenza, tan longa e tan resistente que incluso os máis cativos se agarraban a ela e, cos patinetes, botaban carreiriñas polas rúas da vila. Tampouco ninguén soubo dar unha explicación de por que eses cinco pelos eran tan resistentes. Hoxe en día, Gervasio Caneiro xa está tan afeito a eles (ós pelos e ós cativos) que, por que non, presume da súa trenza. Con alardeo ou non, a chuvia segue caendo sobre os cinco pelos da cabeza de Gervasio Caneiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES