Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O maná saudita

lunes, 22 de enero de 2024
A xente non consegue asumir que o diñeiro o é todo, que está por enriba de todo. O diñeiro é máis que a saúde, que os principios e que todo o que poidades imaxinar. Vén isto á palestra porque se critica a Rafael Nadal (e, ollo, para min Nadal O maná sauditanon é ese que semella que si é para a gran maioría dos españois; pero xa sabedes que sempre fun torto) por ser embaixador de tenis en Arabia Saudita, onde os dereitos humanos están como están.

Creo que xa falei unha vez disto, en referencia a unhas declaracións de Toni Kroos e con claras indirectas á marcha de Gabri Veiga a xogar a ese país. Dicía antes e digo agora que, cada un, búscase a vida como pode. O propio Toni Kroos saíu de Alemaña na procura dun mellor contrato en España. Ademais, nos anos 70, os dereitos humanos en España deixaban moito que desexar, porén abríronse as fronteiras futbolísticas no noso país e apareceron xogadores buscando o maná desde todos os puntos do planeta. Si, xeralmente, suramericanos, pero tamén os houbo europeos, dos que, como non, algúns eran alemáns. Como se adoita dicir, o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra. E ante os cartos non hai penedo que se nos resista.

Moita defensa dos dereitos humanos, pero para Arabia Saudita xa marchan golfistas, xa marchamos coa Supercopa de España e marcharemos co que eles queiran. Perante os euros ou dólares baixamos o pantalón ante todas as institucións, benéficas ou nocivas, habidas e por haber. Confeso que vexo moito máis grave o asunto da Supercopa de España, cando esta é moito máis nosa, por aquilo de que están os da Copa do Rei, algo que sempre foi auténtico, xenuíno español. Pero, claro, a quen non lle gusta bañarse en ouro.

Aproveito o último parágrafo para seguir falando da Copa, ese torneo tan marabilloso no que as emocións están por enriba ata do propio fútbol. E se non, que llo pregunten a eses equipos modestos que, polo menos durante un día, ou só que sexan dúas horas, teñen a sorte de enfrontarse a uns todopoderosos clubs e, mesmo, subírselles ás barbas. Non sei como alguén pode criticar o novo formato, cando a moitos equipiños un partido deses lles resolve toda a tempada. É o seu maná saudita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES