Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A industria militar non da abasto

viernes, 19 de enero de 2024
O informe que o SIPRI (Instituto Internacional de Investigación para a Paz de Estocolmo) ven publicando dende 2015 a propósito da evolución do mercado mundial do armamento sorprendeu este ano ao dar conta dunha tendencia á baixa no volume de negocio das 100 maiores empresas do sector. Pero non é porque haxa menos demanda senón porque non dan abasto na produción.

Segundo o informe, estas empresas xeraron un total de case 600.000 millóns de dólares pola venda de armas e servizos militares o ano pasado. Non obstante, os devanditos ingresos diminuíron, en comparanza con 2021, nun 3,5 por cento. Dúas son as razóns principais. Dunha banda, moitos fabricantes de armas estadounidenses e europeos non puideron aumentar as súas capacidades de produción debido á escaseza A industria militar non da abastode man de obra, o aumento dos custos, a pandemia de coronavirus e as interrupcións da cadea de subministración. A redución dos ingresos explícase por esa fenda entre o volume da demanda e a capacidade das empresas de aumentar a produción para facerlle fronte.

Doutra, que a maioría das armas entregadas a Ucraína proviñan das reservas europeas e estadounidenses, xerando poucos ingresos adicionais. O negocio virá coa súa reposición. Había que baleirar os arsenais. A factura dos novos pedidos e os conseguintes beneficios apreciaranse a mais longo prazo. Será entón cando se materialice o impacto positivo nos balances empresariais.

Outro dato interesante que facilita o SIPRI: pese ao descenso global do volume de negocio, a rexión de Oriente Medio semella seguir unha tendencia contraria e rexistra un valor positivo. E neste contexto, a empresa que experimentou un aumento porcentual de ingresos máis avultado en todo o mundo foi a turca Baykar. O seu presidente é Selçuk Bayraktar, xenro de Recep Tayyip Erdogan. E en toda a rexión é precisamente Ankara a que impulsa a facturación na venda de armas cun mercado que segue a florecer grazas ao conflito de Ucraína, as ordes de compra de Qatar, Emiratos Árabes Unidos e Omán e, nos últimos tempos, con subministracións a Acerbaixán pola guerra contra Ereván polo control de Nagorno-Karabakh. Erdogan anunciou con orgullo que o ano pasado Turquía sumou a cifra récord de máis de 4.000 millóns de euros en exportacións de armas, converténdose no undécimo país do mundo en vendas neste sector.

As sete compañías con sede na rexión que figuran na lista das 100 principais rexistraron un crecemento constante e ingresos récord. Ademais de Turquía cabe citar a Israel: os seus ingresos conxuntos alcanzan un volume total de algo máis de 16.500 millóns de euros, o que supón un incremento interanual do 11%.

Pola contra, os ingresos das 42 empresas de defensa estadounidenses incluídas na lista caeron un 7,9 por cento ata os 302.000 millóns de dólares. Aínda así, representaron o 51 por cento dos ingresos totais de defensa das 100 empresas investigadas. Pola súa banda, en 2022, as vendas de armas das 26 empresas europeas aumentaron un 0,9 por cento, ata os 121.000 millóns de dólares. A guerra de Ucraína explicaría esta tendencia.

O estudo SIPRI indica tamén un forte aumento das vendas de defensa das 22 empresas de Asia e Oceanía que figuran no inventario: un 3,1 por cento ata 134 mil millóns de dólares. Tamén hai oito empresas da China, das que tres están entre as dez primeiras. Os ingresos por vendas ascenderon a 108.000 millóns de dólares, o 18 por cento dos beneficios mundiais de armas, por detrás dos Estados Unidos. E só hai dous fabricantes rusos no Top 100: Rostec (10) e United Shipbuilding Corporation (36). Os seus beneficios caeron un 12 por cento, ata alcanzar os 20.800 millóns de euros.

De cara ao futuro inmediato, o prognóstico do SIPRI apunta a sinais de aceleración mais ca do contrario. Os pedidos irán en aumento na medida en que, paralelamente, medren as tensións xeopolíticas por todo o mundo, unha tendencia que en 2024 podería acentuarse se, como parece, en máis países centrais segue á alza o favor electoral das opcións ultra. Ao arbitrio das políticas de confrontación interna como mecanismo de exacerbación da polarización en termos cada día mais extremos, tamén a nivel internacional será complementaria a maximización das tensións.

Se a demanda corrente está asegurada en por si, as expectativas en tempos turbulentos, coas leccións recentes aprendidas en Ucraína ou Gaza que apuntan ao auxe dos sistemas automatizados, os drons, e tamén aplicacións en experimentación como a intelixencia artificial suxiren novos filóns para a industria. Esta celebrará operar ao abeiro de estados altamente armados e dispostos a malgastar inxentes cantidades de recursos para maior gloria desta autentica aristocracia da industria da mor
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES