Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O corpo como obxecto de interpretación

viernes, 19 de enero de 2024
Nunha nota que consultei, e ignoro a quen corresponde, encontro unha definición da "autoconciencia epistémica", que considero apropiada para iniciar a temática desta colaboración, de Ernst Tugendhadt, filósofo checo, que estivo en Chile e terminou os seus días en Alemaña. A definición está concibida nos seguintes termos: "O saber inmediato que un ten de si mesmo, dos seus propios estados conscientes". Así entende a conciencia "epistémica" dun mesmo. Aclárase que se encontra na páxina 27 da súa obra titulada "Selbstbewusstsein und Selbstbestimmung", Suhzkamp, Frankfurt an Main, 1.979. É dicir, traducida, “seguridadade de si mesmo", "conciencia de si mesmo" y "autodeterminación". Son termos que abren novos horizontes.

Sería conveniente que, a partir deste momento, aquí o corpo o consideráramos como un fenómeno hermenéutico, é dicir, como un obxecto de experiencia. Veremos como cociña isto o filósofos Nietzsche, que segue a filosofía do corpo máis aló da subxectividade, baseada nese saber inmediato de si mesmo e de todas as maneiras de ofrecérselle a súa conciencia. Din os seus estudosos que aplica unha hermenéutica xenealóxica, mediante elementos corporais, non lóxicos, lingüísticos e afectivos, en clave "psicobiolóxica".

A transformación de impulsos en interpretacións permite percibirse dunha certa subxectividade; pero prescinde da ciencia que "non serve para trazar o camiño, senón cando un sabe adonde vai". Hai que ir máis aló do "coñecemento científico", se queremos orientalo. Esa "certa subxectividade" non é outra máis que a corporal, situada no ámbito "hermenéutico-xeneolóxico". Sobre esa crise do "suxeito" cabe dicir que, como algo que está debaixo (subjectum), e que permanece no cambio, queda agravada debido a noción moderna de conciencia e "autoconciencia". Xustamente por isto, escribe Nietzsche que "a conciencia non pertence a existencia individual do home, antes ben ao que é natureza comunitaria e de rabaño", páx. 250 da súa obra "El gay saber" (Espasa Calpe, Madrid, 1.986).

Escribe Jesús Conill que aquí o corpo deixa de ser (como di Apel) un apriori corporal (Leibapriori), xa que o seu carácter xenealóxico permite un tratamento como un auténtico fenómeno "hermenéutico-experiencial". E na liña de Nietzsche a crenza no corpo está máis afianzada que a crenza no espírito, enraizado na corporalidade. Consecuentemente, somos corpo e nel radica a auténtica razón, o demais son instrumentos del: "o sentido" e "o espírito", que os creou para sentir e pensar. No teu corpo habita un sabio descoñecido, que se chama "si-mesmo" (selbst).

É dicir, no corpo hai unha razón (Vernunft im Leibe) e unha oculta sabeduría: el ven a ser o centro de SABEDURIA E ACCIÓN, xa que o núcleo noutras correntes preponderantes da filosofía está na conciencia, e nesta queda trasladado ao organismo corporal, precisamente onde imperan as FORZAS VITAIS. Isto déixanos un sabor a Ortega. Talvez conveña lembralo. Pero esta liña lévanos a profundar (ou máis ben, a fuxir da lóxica do pensamento do home moral) nese "inframundo" da animalidade e corporalidade humanos, onde arranca a hermenéutica xenealóxica, dese "si-mesmo", creador de todas as demais manifestacións. Aquí aplícase esta clase de hermenéutica para indagar a orixe e a evolución dos fenómenos, como o da subxectividade, desde ese mananctial de vitalidade que é o corpo, e, en consecuencia, nin a vida nin a subxectividade dependen da conciencia, que, como deixamos dito máis arriba, non é máis que un instrumento desa pluralidade de forzas e impulsos corporais, unha pluralidade de VONTADES DE PODER, orixe das valoracións morais, artísticas..., expresadas nas interpretacións. Porque as nosas estimulacións de valores corresponden aos nosos instintos, reducibles a "vontade de poder".

En opinión de J. Conill, destaca a insistencia de Nietzschde de que non hai "suxeito" dado, senón un proceso de interpretación, unha subxectividade en perspectiva, de maneira que, o que "antes era", "agora significa", nun proceso desencadeado polos instintos, que se reducen á "vontade de poder", o "factum" último ao que descendemos. As nosas necesidades, as condicións da nosa existencia, son as que suscitan os nosos impulsos, un dos cales intenta dominar na súa "perspectiva" aos demais, é dicir, na súa interpretación do mundo. Así que pode concluírse que estas necesidades son as que impulsan unha maneira de interpretar o mundo.

Polo tanto, antes dun proceso lóxico e racional hai un orgánico, unha actividade intelectual que non entra na conciencia. Neste contexto nietzscheano impera a superioridade intelectual do corpo sobre o espírito, que actúa mediante a interpretación impulsada por esa forza determinadora que dimana da vontade de poder.

Ademais da influenza que estas ideas de Nietzsche podan ter en filósofos e intelectuais españois, como Ortega, Zubiri, Laín Entralgo e, incluso, Unamuno, considero, modestamente, que un certo coñecemento do seu pensamento talvez facilite a comprensión dalgunhas posturas na expresión cultural española e na mesma praxe política, de todo o que espero poder facer algunha puntualización, oportunamente, nunha colaboración, despois de ofrecerlles algo relativo a eses autores. Só unha suxestiva pregunta como anticipación: ¿Consideran que nalgunhas estruturas das nosas sociedades actuais está emerxendo un perceptible predominio do estimular sobre o racional razoado?. Espero ir ofrecéndolles en sucesivos artigos algo a este respecto.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES