Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 18 de enero de 2024
O Lagarto

Sentei ó sol. Coma os lagartos. E movía a cabeza dun lado para o outro. Coma os lagartos. De cando en vez tamén a erguía. Coma os lagartos. Estaba nun amén de converterme en lagarto.
Nunha das veces que alcei a cabeza vin a unha muller nun balcón tendendo roupa. Semellaba guapa. Co pelo longo. Imaxineina no alto da varanda e con claros xestos de que se tiraba. Fíxena voar. E perdeuse por entre os raios do sol. Non puiden seguila moito tempo porque a luz, o resplandor da inmensa estrela amarela cegaba un pouco.
Pingas de Orballo Como lagarto que era xa, vin como pasaba un coche vermello. Ó mellor era laranxa. Pasou tan rápido que foi coma un lóstrego pero sen treboada algunha. Lembrar que hai un sol de carallo e que, eu, estou a tomalo coma os lagartos. Certo, xa me sinto lagarto.
Agora mesmo, non sei se é á causa da exposición ó sol, pero o caso é que me doe a cabeza de tal maneira que semella que me están golpeando cunha maza. Sinto tanta dor que ergo, iso si, moi lentamente e poño posición de touro. Mellor aínda, de carneiro. Sen pensalo máis, lánzome de cabeza contra a parede da cafetaría. Rompo a parede. Tremen os cementos. E a min non me aparece ningún croque. Xa sabía que tiña a cabeza dura, de cemento ou de granito. Non imaxinaba que tanto.
Volvo, entón, a sentar ó sol. Coma os lagartos. Son xa ese lagarto que contempla a vida pasar. Menos a muller guapa do balcón, que nel segue tendendo prendas e máis prendas de roupa. Ningún suxeitador. Babexo, baballo coma un lagarto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES