Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encontro coa escritora e xornalista Marta Villar na UNED Senior Coruña

lunes, 15 de enero de 2024
Encontro coa escritora e xornalista Marta Villar na UNED Senior Coruña o martes día 16 na A Gurita (Paderne) en horario de 11:00 a 13:00 h.

Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes Encontro coa escritora e xornalista Marta Villar na UNED Senior Coruñado Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021.

«Non temerás os coches amarelos» (Xerais, 2023) é a súa primeira novela.

Temas: A vida rural, traballos, recordos dos avós, a emigración, violencia da muller e da infancia, miseria, etc...

Non temerás os coches amarelos: a novela segue a vida dunha xornalista, Dina Souto, dende a infancia ata a madurez, pero en capítulos curtos, moi breves, con saltos do presente ao pasado para relatar outras historias que atravesan á principal, que ten que ver coa violencia contra a muller. Deste xeito, con episodios da infancia, trátanse outros temas como a vida rural, como é o traballo nunha granxa de vacas; a vida rural do pasado que contan os avós, como cando había xente que traballaba de xornaleiro só pola comida, ou criadas que ían servir de nenas e non tiñan nin calzado. Fálase tamén da explotación do wólfram na comarca de Bergantiños, que axudou a moitas familias a saír da miseria aínda que tamén custou vidas. Relátase a vida dos emigrantes, unha emigración menos coñecida, a das persoas que ían ás explotacións petrolíferas no Mar do Norte e outros. Tamén se fala de xornalismo, claro, de noticias, constructores e políticos.. A violencia na infancia, na propia familia, o que supón coidar dunha persoa dependente, o contraste entre o mundo rural e o urbano, coimo ás veces abusamos dos avós e avoas para coidar os netos porque os pais traballan os dous e non poden pagar unha gardería, etc. Ten moita presencia as distintas formas de violencia sobre a muller: a física, a psicolóxica, tocamentos, palabras, discriminación salarial, na xustiza...
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES