Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 17 de enero de 2024
No compás de espera

Alporicei o galiñeiro de tal maneira que pensei que saía escaldado. Entrei no bar e canteille as corenta a un grupo de energúmenos que estaban ó pé da barra. A reacción case foi lóxica. En principio, miráronme de mala maneira e non tardaron en dar uns pasos cara á adiante. Non achantei. Aínda mellor: esbardallei máis forte. Eles tamén recuaron un pouco. Pensarían que se me puña tan farruco, ó mellor era por algo. A verdade é que, por dentro, tremía coma un vimbio. Quíxenos entrar cunha broma, pero o asunto víase que non estaba para tal.
Pingas de Orballo Houbo un compás de espera no que, eu, non sabía se seguir coas arroutadas e, eles, intúo, que non saberían se merecía a pena que o caso se puxera moi feo. Pensarían que lles podía saír respondón. Eu si xa sabía que tiña que frear coa miña verborrea, se non quería que a broma se saíse de nai. Non me quedou outra que, nese compás de espera, pensar á velocidade dun alustro a forma de reconducir a situación.
Eles seguían a mirarme con caras de poucos amigos, pero, iso si, xa recuaran o suficiente como para apoiarse outra vez na barra do bar. Dei un paso adiante pero desviando un chisco a dirección cara ó final do mostrador. Notaba e vía como me seguían as olladas. E xusto cando un deles empezaba a abrir a boca, eu fun máis rápido e berreille ó camareiro que nos puxera unha ronda a todos. O que abría a boca cerrouna por completo e os xestos das súas caras suavizáronse tanto que, algúns, xa empezaron a falar entre si e eu acabei por chegar ó recanto do mostrador. Recoñezo que si achantei para que a cousa non se puxera tan fea, que mesmo podía recibir unha malleira. Paguei e despedímonos cuns simples adeus.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES