Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

El viejo Pancho: un emigrante de Ribadeo

martes, 16 de enero de 2024
Quixera que neste ano 2024 non sexa esquecido o centenario de Xosé Alonso-Trelles Xarén. Naceu en Ribadeo (Lugo) o 7/V/1857 e morreu na capital da república Oriental do Uruguai o 28/II/1924. A súa nai era galega e asturiano, o seu pai. O certo é que no meu querido Montevideo a vida e a obra de "El Viejo Pancho" é moi coñecida. No meu caso foi na escola primaria cando escoitei o seu alcume de "El Viejo Pancho" xa que varios dos seus poemas eran interpretados polo coro en "festas patrias" ou recitados polos alumnos. Naqueles tempos lonxe estaba de saber que os seguintes versos eran dun emigrante galego: El viejo Pancho: un emigrante de Ribadeo
Anos despois, sendo directivo do Patronato da Cultura Galega tiña de compañeiro a Carlos Zubillaga Barrera (recoñecido investigador, docente universitario e membro correspondente da Real Academia Galega) quen por liña materna era neto de Ribadeo e polo tanto, cun moi especial interese no coñecemento da creación literaria de "El Viejo Pancho". O profesor Zubillaga informoume de que o escritor Juan Carlos Sabat Pebet, en 1927, foi o primeiro en publicar a partida de bautismo e tamén expresar nunha conferencia: "he venido a saber que el autor de La güeya es otro ilustre gallego, que pudo dar el brazo sin desmedro a Rosalía de Castro...".
Suárez Suárez, Manuel
Suárez Suárez, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES