Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Balóns fóra

miércoles, 17 de enero de 2024
Aínda que non o pareza, estamos a vivir unha crise ecolóxica que, por primeira vez en 22 anos, está á altura daquel Prestige que nos xeou o corazón a todos aqueles que o vivimos. Hoxe é un barco de pellets o que anega o noso mar e ameaza aos nosos peixes coa correspondente ameaza, aos mariñeiros. A cousa empezou en Galicia e xa chegou a Francia. Quizais, porque os nosos políticos andan enredados en períodos preelectorais que, como sabemos, son máis importantes...

O caso é que a noticia sufriu unha ocultación dun mes e saíu cando xa non quedaba outro remedio. Nesta situación, púxose en marcha a segunda ferramenta que é o conflito de competencias. A partir de aí a lea pasou a ser quen comunicou e en que momento e se o fixo ou non a tempo. Obviamente, a tempo non se fixo e fica por saber o estado das praias e a súa afectación. Para min, isto é o fundamental e isto é do único do que non se está a falar xa que se intenta eclipsar cunha inminente campaña electoral.

Nun país dirixido con honestidade, estaríamos vendo nos medios de comunicación como se limpan as praias e entrevistando a quen está poñendo remedio coas súas propias mans. Entrevistando a pé de praia e non a un presidente na súa atalaia da Xunta. A min, en todo isto, fáltame a versión dos afectados e non a atopo porque a política dos balóns fóra quere anegar os medios de comunicación, aínda que, por sorte, non o consegue totalmente.

Ogallá este artigo que se publica o mércores 17 de xaneiro fique obsoleto. A día 11 esta é a realidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES