Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

150 horas

viernes, 06 de marzo de 2009
Van arredor de cento cincuenta horas transcurridas desde o terremoto político que sacudiu Galicia o primeiro de marzo. E aínda segue o país a recobrarse das sensacións experimentadas no domingo que para algúns foi de gloria e para outros moitos de dor.

En tanto, segue aumentando a cifra de parados, baixan o Euribor e a bolsa, súmese a administración autonómica no marasmo propio dunha terra de ninguén, e todos tomamos conciencia de que a vida en Galicia vai ter no primeiro de marzo un punto de inflexión, un anrtes e un despois, unha data para a historia contemporánea do país.

O Partido Popular, degustando o mel do trunfo, formula ideas, acobilla rumores de nomeamentos, disfruta da volta ó exercizo do poder con todas as vantaxes e a parafernalia que a victoria comporta.

O PSOE ten afrontado desde o primeiro momento o reto da oposición e camiña con firmeza hacia o novo tempo que comeza buscando un lider para a loita política.

O máis afectado, o que peor respondeu ata agora, é o Bng onde xa se pide que o derrotado Quintana deixe paso a novas figuras que recuperen o terreo perdido. E a voz poderosa e xa histórica de Beiras Torrado clama contra o maltreito alaricano, chivo expiatorio que camiña ó sacrificio despois de ser condenado -xuizo de Deus- por Galicia e polos seus.

Por diante, catro anos. Pero nestas cento cincuenta horas mudou a faz de Galicia, a política volver ser o centro das tertulias, e todos sabiamos o que ía pasar se facemos caso ós comentarios cando ninguén -nin os protagonistas- tiñan a menor idea do que o histórico día ía orixinar.

Mañá, será historia. Vivamos estes días como o que son: datas para a historia, na que a historia se está a facer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES