Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A (miña) caligrafía mínima

miércoles, 10 de enero de 2024
Esta semana atopeime cun artigo na web da grafóloga Sandra Cedro titulado "Los diez beneficios de escribir a mano" (deixo o enlace abaixo). O artigo cita, 3 procesos cerebrais que se activan escribindo a man: a área visual, a capacidade motora e as capacidades cognitivas.
Posteriormente explica un decálogo de beneficios como a asociación de ideas, a capacidade de concentración ou o efecto relaxante que provoca.
Pois ben, a min, o artigo levoume a lembrar a unha persoa fundamental para min que é Blanca: a miña mestra de educación especial en Portomarín. Aínda non sendo familia, sempre a considerei e considéroa como tal. Traballou comigo ao longo de toda a EXB e buscou os medios precisos para que eu acadara esa caligrafía mínima que dá título a este artigo.
A (miña) caligrafía mínimaNaquela aula había poucos recursos pero estaba chea do talento de Blanca que en folios amarrados con clips a un cartón (non había antideslizante) empezoume a facer os meus propios "cadernos de Rubio". A Blanca débolle, por exemplo, esta firma e con ela todas as verbas que lle dedico á xente que quero.
Penso que, por iso Blanca é o único nome propio que aparece no meu libro "O ilímite de pensarte libre". Ben o merece quen, contra o vento e a marea das tecnoloxías, forxou a miña caligrafía mínima. Por iso, teño que rematar este artigo coa verba máis humilde, coa que recoñece esa fonda rodeira que nos abriron para transitar pola vida: grazas Blanca.
https://sandracerro.com/escribir-a-mano/
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES