Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (11)

martes, 09 de enero de 2024
Medio en serio, medio en broma:
¿O namoramento, é un trastorno?


O namoramento é unha enfermidade mental transitoria que bloquea o cerebro, e pode facernos ver calidades que non existen, e tamén ocultar defectos.


Bioquimicamente, o amor romántico e mailo trastorno obsesivo compulsivo grave non presentan ningunha diferencia. Este foi un descubrimento da profesora de psiquiatría, directora do Laboratorio de Psicofarmacoloxía da Universidade de Pisa, Italia, Donatella Marazziti, que recibiu un premio Nobel en Química no 2000.

"Se só un 3% da poboación sufrira namoros, consideraríase un trastornos mental". Ana Moix, psicóloga.

Todo o mundo se namora nun momento ou noutro da súa vida. Máis é, que se trata dunha condición socialmente aceptada á que aspiran as persoas, ¡as persoas que son persoas! O curioso é que se trata dunha situación psicolóxica que nos aporta un estado de excitación e de plenitude, a pesar de cumprir con síntomas que poderían ser propios dun trastorno mental; por iso non se identifica con ningunha condición médica.

Un dos requisitos claves para determinar se unha afectación desemboca nun trastorno mental é a presencia dun malestar clinicamente significativo e unha inadaptación no ámbito social, laboral, persoal e familiar, Estar "colado" por alguén pode gastar moita da nosa enerxía ata o punto de incapacitarnos en determinadas situacións. Ou expresar un amor non correspondido produce medo a dar lugar a un sufrimento moi intenso. Por todo iso, ¿onde está o límite do que se considera normal ao que é significativo? Indubidablemente, estar namorado comporta unha serie de síntomas que, se se deran noutras situacións, suxerirían un problema psicolóxico.
Coñecémonos (11)
O que nos quede sen dicir..., para cando fagamos o niño!

-.-

Trastorno paranoide da personalidade

O trastorno paranoide da personalidade é un dos fenómenos máis frecuentes de manifestacións irregulares da personalidade e da conduta, especialmente nos comportamentos paranoides por insuficiencia cultural (insuficiencia entendida non soamente en relación co coñecemento e coa educación, senón, tamén, á integración nos fundamentos e nos valores estruturais da entidade social).

A psicopatoloxía paranoide é unha psicose que move ao suxeito a unha interpretación errónea da realidade, que o leva a razoar en forma estritamente lóxica, pero a partir de falsas premisas, do que o exemplo clásico é a personalidade literaria de Don Quijote da Mancha.

A personalidade paranoide caracterízase por inclinarse a interpretacións equivocadas de diversos factores e situacións, xeralmente por falta de capacidade cultural, e a miúdo por unha excesiva subxectivación emocional resultante dun exceso de autoestima que lle imposibilita recoñecer e aceptar os erros propios e as responsabilidades. Esa incapacidade para percibir as realidades, sobre todo as complexas, tal cal elas son, non soamente é o que determina unha compoñente do dogmatismo nos seus puntos de vista e da súa intolerancia para os outros, senón que é determinante de que persista nas súas interpretacións incluso ante a absoluta evidencia do seu erro.

Unha traza frecuente na personalidade paranoide é a actitude de permanente desconfianza e prevención, unha tendencia a considerar que as outras persoas sempre están inclinadas a prevalecerse da súa superioridade intelectual para obter vantaxes inxustas e proveitos indebidos; nun sentido máis amplo, que as estruturas xurídicas e sociais operan no seu prexuízo en forma sistemática ou deliberada.

Con frecuencia este trastorno da personalidade opera dun xeito enfocado ou temático, de maneira que as condutas non referentes á área temática afectada desenvólvense dentro dos parámetros da personalidade normal, o cal, obviamente, dificulta a percepción do trastorno. Sobre todo por que outra característica que se dá nestas personalidades é un nivel de habilidade superior ao xeral para estruturar fantasías e unha gran capacidade para mentir, expoñer versións falsas pero loxicamente ben articuladas, e sostelas de maneira moi terminante. Por isto mesmo foi frecuente que este tipo de personalidades acadasen notoriedade e en moitos casos fosen moi persuasivos respecto de cuestións de interpretación da filosofía, da Historia, ou da política, obtendo importante resposta concordante na sociedade, en función do amplo predominio nela deses mesmos factores de insuficiencia cultural.

A compoñente de forte autoconvicción dogmática e de impulso a impoñer as súas interpretacións leva a actitudes de “fanatización”, ou de “radicalización”, sexa con respecto a certas concepcións relixiosas -frecuentemente ao misticismo- ou ideolóxicas, sexa con respecto a adhesións idolátricas a personalidades artísticas ou deportivas, a hiperactivas "militancias" sociais, sindicais ou políticas, ou similares. Estas personalidades tenden a asociarse cos que teñen características similares, e interveñen de maneira importante nos fenómenos de multitude desorbitada, como ocorre nos incidentes en estadios deportivos ou nas "mobilizacións" sindicais, nas "marchas" e nas asonadas civís e políticas; xeralmente afloran con facilidade ao desbordarse co estímulo das inxestas do alcohol e das drogas.

Precisamente as personalidades paranoides cando se manifestan de maneira acentuada solen emprender actividades que racionalmente resultan utópicas, e que coloquialmente solen cualificarse de "quijotescas".

Os exemplos destas alteracións da personalidade son reiterados ao traveso da historia e na vida das sociedades. Na época contemporánea o caso máis típico foi o de Adolfo Hitler, a causa das súas gravísimas repercusións históricas. Non obstante, tamén existen en tempos moito máis recentes numerosas figuras, especialmente nos desenvolvementos políticos de varios países latinoamericanos, cuxas actitudes evidencian a existencia do trastorno paranoide, que sole presentarse tamén en asociación con outros tipos de psicopatías da personalidade; tamén son notorios os casos de líderes que se asentan na explotación destas tendencias psicopáticas en vastos sectores das poboacións.

De tal maneira, non soamente é posible advertir con bastante facilidade a actividade de individualidades de personalidade paranoide, de diversos grados, na vida pública das nacións senón, especialmente, na vida de relación corrente, a nivel de persoas comúns, cunha frecuencia moi alta aínda que de intensidade variable.

Neste senso é frecuente apreciar actitudes reactivas ante as frustracións, en comportamentos chamados "querulantes" (reclamatorios, protestatarios) dirixidas especialmente a centros de autoridade. Unha actitude típica, desta clase, é a personalización política en determinados titulares de cargos de autoridade, atribuíndolles a exclusiva "culpa" de situacións económicas ou sociais desafortunadas; e tamén a "sacralización" doutras personalidades ás que se asignan capacidades extraordinarias das que notoriamente carecen, fincando en que asuman autoridade, a solución voluntarista de tódalas circunstancias negativas; e nas frecuentes reclamacións anónimas de xustiza.

Aprécianse reiteradamente estes comportamentos en persoas que resultan inadaptadas ás subordinacións normais a nivel familiar ou laboral; son permanentemente invocativas dos seus "dereitos" e pouco propensas a aceptar e acatar as súas obrigas; están permanentemente inclinadas a non disciplinarse dentro das organizacións ou en actividades de convivencia como o tránsito vehicular nas cidades, respectar o turno nunha "cola", etc., etc.

Un comportamento típico da personalidade paranoide por déficit cultural e educativo, é o fácil desencadenamento da agresividade verbal reactiva, especialmente ante expresións que poidan implicar un xuízo negativo contra a súa persoa, -moitas veces sen que iso, niso, teña sido a intención do interlocutor, pero interpretado así con subxectiva susceptibilidade ou "orgullo"-, e tamén a falta de tacto e de mesura nas apreciacións negativas cara a outros, baixo a invocación de que son "a verdade".

Na mesma categoría inclúense as actitudes de motivación por resentimento -manifestación innominada da envexa- que establecen como centro psicolóxico de imputación, en función da tendencia maníaco-persecutoria do paranoide e da simplificación vulgar de factores inherentes ao seu baixo nivel cultural e intelectual, diversas entidades sociais ou económicas a miúdo xenéricas; sexan a "dirección", "os profesores", os "patróns", a "policía", "os políticos", a "banca", os "corruptos", a "prensa", o "imperialismo", a "oligarquía", etc. Naturalmente as personalidades así conformadas son propicias a deixarse convencer por ideoloxías que, supostamente, "racionalizan" esas concepcións.

Trátase de carencias de maduración da personalidade no seu sentido de equilibrio racional e de captación realista das condicionantes de diversos aspectos da vida individual ou colectiva, cuxa superación comeza necesariamente polo aforismo socrático de coñecerse a si mesmo, de percibir e captar as propias insuficiencias, e de propoñerse seriamente superalas, nun esforzo sostido para percibir a realidade tal e como é, adecuarse ás limitacións persoais propias, aprender a desenrolarse respectándoas, adquirindo unha personalidade solidamente establecida, como o primeiro dos requisitos de auto-realización individual, fundada no propio esforzo.

-.-

Por que triunfan os tiranos e non os ases da intelixencia?

A soberbia é satánica, e por iso os soberbios son desoutro partido; mangonean aquí abaixo, pero xa as pagarán pois Aló Arriba só deixan pasar, só deixan entrar, só deixan mandar, aos humildes, aos de corazón limpo, a todos aqueles que amaron ao próximo tanto ou máis que a si mesmos.

¿Por que seguimos aos tiranos?
¡Ah; misterium fide, misterios da fe materialista, que non da outra! O materialismo, que é invencible.

Unha e outra vez na historia, e actualmente incluso nos lugares de traballo, e aínda máis alá, é palpable que un certo tipo da personalidade segue aparecendo, ¡e medrando!, en posicións de poder: os tiranos. Son sorprendentemente similares entre si: carismáticos e encantadores, pero tamén, calculadores e crueis.

Tenden a ter unha combinación de trazos de trastorno de personalidade narcisista e antisocial, como falta de empatía, grandiosidade, sede de poder e de control, mentiras e enganos, indiferenza ante as leis ou regras convencionais ou a moralidade, etc. O destacado psicoanalista Otto Kernberg, e tamén outros, a miúdo acuñaron este tipo como "narcisista maligno".

A xente a miúdo discute a historia do comportamento maligno, os rexistros do sadismo e mailas horribles secuelas dos tiranos, pero o que se discute con menos frecuencia é que estes líderes non se levantan, nin poden facelo, no baleiro: chegan ao poder ao lombo das masas, ás que, en última instancia, desdeñan e descartan. É á xente que sigue a estes tipos de ditadores matóns á que debemos examinar, e sobre quen tamén debemos reflexionar. ¿Por que a xente adora e capacita, por que lles dá capacidade, a eses líderes criminais? ¿Que hai na natureza humana que nos fai vulnerables neste ciclo repetido, inextinguible, de crueldade e de perigo? Ben que o pedimos no Pater noster, "et ne nos inducas in tentationem sed libera nos a malo", pero debe ser que o facemos con pouca fe!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES