Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sursum corda

domingo, 07 de enero de 2024
Co paso dos anos notamos que a realidade é ciclica, e o noso comportamento repite ritos que nos parecen esenciais para conservar o ritmo vital.

No verán sentimos a necesidade de cambiar de aires, evadirnos da realidade, estar tan vivos como a natureza que nos rodea. No inverno refuxiámonos, lembrámonos da familia e dos amigos, precisamos rematar o ano cun reencontro cos nosos, con xantares pantatruélicos, agasallos e cancións, que confortan aos núcleos familiares establecidos, e funden na miseria aos que soportan soedade non desexada durante todo o ano.

Hai que adaptarse á liturxia festeira e temos que dedicarnos a mercar agasallos para o amigo invisible, para maiores e nenos, tanto se somos devotos de Papa Noel ou Santa Claus como se seguimos profesando fe nos Reis que son Magos porque enchen o noso mundo de agasallos sen mover un dedo.

Hai que mercar lotaría, tocara ou non o vintedous, que o sorteo do Neno é o último recurso. O das iluminacións, os últimos anos disparouse e, xa que son luces led que case non consomen, disfrutamos dunha invasión lumínica que a pouco que nos esforcemos verase desde o espazo. E está a música, os cantos pola rúa, os escaparates... ata o frío se concita para recollernos e, cruzándonos pola rúa, desexemos bo aninovo a canto coñecido atopemos.

Seguirán a vida difícil en Ucraína, a masacre en Gaza, os naufraxios das pateiras da fame, e na nosa contorna as pequenas traxedias cotiás. A liturxia esixe que haxa festa, que hai que ser felices, e que ten que notarse. Pois por min que non quede. A pesar de todo o que cae e vai caer, desexo que as festas foran gratificantes para todos, e que este ano que estamos estreando resulte tranquiliño. Carpe diem e sursum corda.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES