Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 05 de enero de 2024
A riqueza da nosa lingua

O outro día escolleron por votación popular a palabra cibercarracho como a mellor do ano. Sinceramente, fíxome graza; non polo de ciber, senón polo de carracho. Aínda máis, carracha paréceme máis bonita. Temos unha lingua que, ás veces, non a merecemos e, algúns, por suposto, xa non a queren. Non saben o que se perden.
Porque falando da riqueza da nosa lingua, hai tempo que me atopei cunha palabra que me deixou abraiado, máis que pasmado ó ver os sinónimos que arrastraba tras súa. A palabra é Pandorco. Aí vai (e ollo, que leva un cacho): palafustrán, foupeiro, lacoeiro, nugallán, camanduleiro, manganeiro, preguiceiro, pelandrán, mangoleteiro, Pingas de Orballogalbán, amaiado, lacazán, moulán, magallón, vagaxeiro, furaolas, talabarte, calaceiro, añoto, macandón, vergallán, golfante, bracaeiro, nugallas, mamacallos, bregallán, vago, anugallado, gandulo, camándula, mangante, pousafoles, manguelo, zangamúa, vagaroso, maloután, loubán, candongo, trasfogueiro, preguizán, palanquín, folgazán e lercho. Que, cansastes ou non? Hai riqueza ou non hai riqueza?
Despois tamén temos palabras que valen tanto para o tute como para a brisca. O mellor exemplo está no patrón de toda a lingua galega, no patrón de toda a patria galega: o carallo. Creo que máis ou menos xa todo o mundo coñece ou sabe de certas expresións que circulan polas redes sociais en canto a esa palabra; desde "ai que carallo!", en referencia á resignación, ata "vai ó carallo!", significando desplante, pasando por "pero, que carallo pasa?", sobre a estrañeza, e rematando "no quinto carallo", ou sexa, no infinito e máis alá. Só puxen o exemplo de catro expresións das vinte e seis que teño ás vistas.
E pensar que algúns pandorcos intentan desprestixiar esta lingua... é coma para exclamar que ten carallo a cousa ou róncalle o carallo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES