Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esforzo e dedicación

jueves, 04 de enero de 2024
Todos estamos empezando un novo ano con novos retos que superar para os que necesitamos empregarnos a fondo en esforzo e dedicación.
O esforzo e a dedicación van ser dúas ferramentas moi útiles para o noso crecemento persoal.
O CRECEMENTO PERSOAL É UNHA TAREFA QUE ESIXE MOITO ESFORZO E MOITA DEDICACIÓN DURANTE TODA A VIDA.
Empeza no momento do nacemento e remata no momento do pasamento.
Deste xeito imos superando as diferentes etapas da vida.
-OS BEBÉS:
Nada máis nacer o primeiro que fan e chorar.
Choran porque teñen que adaptarse a unha vida descoñecida.
Choran para pedir alimento.
Choran para pedir atención.
Choran e esfórzanse para conseguir o que necesitan.
¡Co ben que se estaba no seo materno!
Pero cando chega a hora hai que saír a unha nova vida.
O esforzo está servido.
E GRAZAS Ó ESFORZO, ÓS COIDADOS E Ó PASO DO TEMPO VAI MEDRANDO QUE É O QUE TEN QUE FACER.
-OS ESTUDIANTES:
Quéixanse porque se poñen en mans alleas.
Quéixanse porque teñen que enfrontarse a un mundo descoñecido.
Quéixanse porque teñen que respectar os horairos.
Quéixanse porque teñen que cumprir unhas normas.
Quéixanse porque os estudios son duros.
Quéixanse porque algún compañeiro lles cae mal.
Quéixanse porque algunha asignatura resúltalles moi difícil.
Quéixanse porque aquel docente non os entende.
Quéixase; pero...
CON ESFORZO E DEDICACIÓN VAI ADQUIRINDO UNHA PREPARACIÓN NECESARIA PARA ABRIRSE CAMIÑO NA VIDA.
-OS ESPOSOS, PARELLAS, COMPAÑEIROS:
Teñen que conseguir autonomía económica.
Teñen que aceptar un cambio radical no seu ritmo de vida.
Teñen que aprender a coñecer ó outro en profundidade.
Teñen que enfrontárense a novas responsabilidades.
Teñen que rega-lo amor tódolos días e a tódalas horas.
Teñen que soportar con paciencia os defectos da persoa coa que conviven.
Teñen que aceptar os contratempos que se presenten.
Teñen que aprender moito para convivir con harmonía.
Teñen que acomodarse ós novos membros da familia.
Teñen que encargarse da educación dos fillos.
Teñen moito que aprender e moito que facer; pero...
CON ESFORZO E DEDICACIÓN REGADOS CON MOITO AMOR, VAN SACANDO ADIANTE UNHA FAMILIA.
-OS XUBILADOS:
Cando xa van cansados de traballar fóra da casa e xa as forzas van a menos, son moito os que:
Teñen que encargarse dos netos.
Teñen que acompañalos ó colexio.
Teñen que acompañalos ás actividades extraescolares.
Teñen que ir ó médico con frecuencia.
Teñen que loitar cos achaques propios da idade.
Moitas veces teñen que privarse de asistir a actividades propias da súa idade.
Moitas veces están pendientes se veñen ou non veñen os novos.
Moitas veces teñen que ser pais e nais dúas veces.
Fano con moito amor; pero esíxelles esforzo e dedicación.
CON ESFORZO E DEDICACIÓN, OS XUBILADOS PRESTAN UN SERVICIO Á COMUNIDADE.
-¿E QUE DECIR DO ESFORZO E DEDICACIÓN NA VIDA LABORAL?
Tódolos traballos esixen unha preparación.
Todos esixen unha boa parte do noso horario diario.
Moitos esixen madrugar e desprazarse ó lugar de traballo.
A veces trabállase moi a gusto e otras porque non queda outra.
A veces tócannos bos compañeiros e otras son difíciles de aguantar.
A veces os xefes son considerados e outras son moi esixentes.
Pero así e todo, precisamos traballar para vivir.
E por se todo esto fora pouco...
Aínda nos queda o esforzo de ter que: "estira-los cartos".
O ESFORZO E A DEDICACIÓN SON DÚAS FERRAMENTAS FUNDAMENTAIS; pero tamén son moi importantes a paciencia e a resiliencia.
"PACIENCIA E RESILIENCIA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moias grazas porterme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES