Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 04 de enero de 2024
Cinco días bambeando

Tireime en paracaídas desde a copa dun carballo que está á beira do camiño que leva ó muíño do Dositeo. Mal fado! Nin tan sequera conseguín abrilo por completo. Engarrou nas primeiras gallas. Quedei alí colgado e, como non, abaneando. O peor creo que aínda está por chegar. Pois levo xa cinco días pendurado do maldito carballo.
Cinco días esgazando a gorxa de tanto berrar. Cinco días nos que teño certos dedos consumidos de tanto metelos na boca para asubiar.
Pingas de Orballo Cinco días nos que a impotencia me fai bambear unha e outra vez intentando que rache a galla ou que rompan as tiras do paracaídas. Esforzo baldío. Cinco días nos que, si, tamén, lembro aquelas tardes e noites nas que pasaba por tal carreira camiño do muíño. Co saco de millo ou de centeo a cabalo do burro na ida e co saco de fariña á volta. Eran tempos nos que o medo apertaba no cu porque a carballeira era espesa e a noite, pecha. O castigo, a sanción de miña nai era esa: ir ó muíño de noite, ou sexa, ó volver do monte coas vacas.
Empezo a perder a paciencia e as ganas de berrar e asubiar. Ninguén me oirá. Ninguén pasará. Só dous ou tres xabaríns que xa pasaron e un raposo que me quedou mirando, co cal, por certo, parafraseei un pouco ata que, con berro meu, asustouse e marchou. Intento controlar a carraxe para que non asomen as bágoas, pero é difícil. A fame aperta, a sede seca e a canseira rebenta.
Intento durmir para non pensar e de cando en vez realizo frenéticos movementos ou balanceos para que rache algo ou para que o carballo abanee e que alguén o vexa. Dirán que será o aire, claro. Non obstante, vou seguir bambeando, a ver...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES