Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O riso de June

miércoles, 03 de enero de 2024
Hai hoxe un ano viu a luz unha meniña moi desexada. Chamárona June e anda por aí, cos seus pais Mayra e Julio, a coñecer o mundo nos primeiros pasos e nos primeiros tactos que trazan dimensións aproximadas.
Foi un ano cheo de fitos que June foi cumprindo para regalía dos seus pais. Cada pouco, os amigos, íamos vendo como June exploraba a conquistaba a vida palmo a palmo. Entón, novamente, retornamos á infancia latexando nas súas historias. June comendo, tratando de gatear, descubrindo cousas...
... mais sobre todo aledan a súas primeiras verbas que veñen demandar a satisfacción de necesidades vitais pero que soan ao espertar máis fermoso da vida.
June, seino ben, ten a sorte de posuír fontes de amor por todas partes pero todos sabemos que a nai é a fonte primeira. Permítaseme neste intre mudar o normativo nai polo chairego "mai" (como pai) para reflectir esa forza bilabial na que Mayra e Julio van facendo agromar a June entre risos que emprenden os camiños da vida.
Ás veces parece que o mundo se pon cor solpor e o amencer tórnase utopía. Pouco a pouco, un aprende que todas as cores están en nós polo tanto podemos pintar amenceres no solpor. Non sempre e fácil no obstante axudan as lembranzas que nos latexan dentro. Utilizámolas como bálsamos que curan ou, polo menos, confortan. Pois agora, quen a coñece e a quere, ten ben preto un bálsamo inesgotable de amor, ledicia e vida: o riso de June.
Parabéns June no teu 1º aniversario.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES