Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 28 de diciembre de 2023
Delirios de grandeza

Delirios de grandeza dun asubío que se espalla ata as proximidades da lúa en cuarto minguante. Delirios de grandeza cando tiven a ocasión de troulear polos montes da señardade e a realidade me mandou a aquela tarde na que empreñei de melancolía. Eran tempos de soñar polas carballeiras da memoria.
Delirios de grandeza que bailan ó compás duns instrumentos musicais que soan por entre os amieiros do río Arnoia. Mentres, sento e penso no bambán dos recordos, daqueles que se soben á Perla Negra e, xuntos, navegan pola lagoa dos sentimentos. Quéirase que non sempre levamos un poeta dentro ou un Sabina en Pingas de Orballoconcerto.
Delirios de grandeza de cando o silencio se impuxo ó ruído e o acougo deitou sobre as flores de toxo para soñar cun ir e vir sentimental. Non sempre os berros imperan sobre os pensamentos. Hai pensamentos tan nostálxicos que flotan por toda a inmensidade do universo, do meu universo, do noso universo. Neste, o silencio aboia por entre os versos do poema.
Delirios de grandeza de cando Vangelis me levaba máis alá de Orión e os compases musicais eran coma raios C que brillaban na escuridade preto da Porta de Tannhäuser. Que tempos aqueles de Blade Runner! Dubidaba en sentirme Harrison Ford ou Rutger Hauer. Delirios de grandeza dunha paixón pola ciencia ficción, na que o Universo é infinito, silandeiro e marabilloso. Agora cada quen que soñe co Nostromo de Alien ou co Discovery de 2001 ou co Falcón Milenario de Lucas.
Delirios de grandeza dun latexo que rebenta a ansiedade xuvenil e que fai suar a cámara lenta logo dunha estomballada entre unhas xestas. Sempre haberá tardes nas que a felicidade estoura con forza e a éxtase aniñará tralo bafo dun espello. Delirios de grandeza dun intelecto que se propaga polo cosmos dos soños.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES