Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 27 de diciembre de 2023
De corazón aberto

Como o Nadal xa o temos enriba, a xente ábrese e expulsa, cospe desexos que... vai ti saber. Eu, como tamén son de corazón aberto (pero sen deixar caer unha pinga de sangue), non son menos e ando polo atallo soltando bos desexos cara a todos os lados, á eito. Os desexos eran para todos os bichos cos que me crucei. Detívenme bastante tempo cos sapoconchos. Sempre sentín debilidade por estes. Sempre fun amigo deles. Máis dunha vez facemos carreiriñas e, pobres, deixo que me ganen bastante a miúdo. Son tan lentiños! Pero, que raio, así é como se debería levar a vida: con calma, con parsimonia, con tranquilidade, con filosofía, con quietude, a modiño.
Pingas de Orballo No Nadal, ás veces, a xente tamén se volve un pouco panoca, incluso algo cretina. Queremos ser tan amables, tan de bo corazón que nos volvemos un pouco ou un moito esperpénticos, estúpidos. Pensamos que as luces, a neve, o ambiente, os personaxes ou figuras do Nadal nos iluminan o cerebro e o que fan é cegárnolo, ofuscárnolo. Somos tan pouquiña cousa que, nestas datas, inchamos o peito e deixamos escapar ese aire co que pensamos que apagamos o incendio que levamos dentro. As lapas, as ansias de arder non son tan fáciles de aplacar, de extinguir.
Aí eu tamén me inclúo, pero, que carallo, a maiores son doutra pasta. Vólvome comprensivo e atento e cortés e bo home non importándome nada determe ante uns sapoconchos que merecen o meu cariño, os meus bos desexos. Eles sábeno e tan axiña como oen as miñas pegadas, os meus pasos sacan as súas cabeciñas e xa se poñen en posición de saída, mesmo de saúdo, para parolar un chisco comigo. Eu ben sei que lles fai ilusión ganarme ás carreiras. Polo que, estes días de Nadal, déixollas ganar todas. Son así de espléndido, de boa persoa, é dicir, de corazón aberto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES