Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no S.XI (7)

martes, 02 de enero de 2024
VI. Conclusións.
Neste Entroido, como acabamos de ver, había dous trazos esenciais: Por unha banda, a lectura do Sermón e xa, como remate, a queima do Entroido.
Os sermóns, tanto os de Oroxe como os de Carravilar, ademaís da función humorística que transmitían, tamén levaban a cabo un labor pedagóxico. Os sermóns sempre foron realizados por persoas festivas, que posuían unha boa dose de humor e que sabían contactar cos veciños mediante a palabra. "Estes sermós son improvisados ou escritos por persoas da aldea, que están moi acreditados polas súas ocurrencias" (1). Ademaís, soían ter unha capacidade de persuasión digna de ter en conta. "Facía as delicias dos ointes pola súa ousadía verbal e tamén pola súa procacidade insólita nun contexto tan ríxido o regulamentado. Era a única ocasión en que se podían oir en público certas picardías" (2). Logo coa reunificación do evento en Carravilar, os sermón seguirón tendo a mesma dinámica.
Nestes Entroidos, reflectíase unha inversión de roles nos diferentes disfraces e máscaras, que se encontraban no campo da festa. Tanto estes, como os contidos do sermón, e a súa maneira de recitalos provocaba a risa ao público asistente. Polo tanto, non resulta estrano pensar que os que mandaban hai anos tivesen inquedanzas coa risa do pobo, xa que ía dirixida de cara a unha legalidade vixente imposta ríxidamente (3).
Logo do sermón, viña a "queima do Entroido". Este era simbolizado por un boneco, Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no S.XI (7)xeralmente feito de palla, ao que vestían con roupas vellas, xa que "o vello" é unha das formas coas que se representa, ao Entroido. A este boneco botabanlle a culpa de todas as adversidades e sucesos negativos que sucederan, primeiro en ambos os dous lugares de celebración e, logo, na parroquia en si, no ano anterior. Isto motivaba, que o público asistente ratificase a súa condena a ser queimado no lume. "Él ven a ser como o chivo expiatorio de todos os males da comunidade" (4).

Este Antroido debido ás peculiaridades, que revestía, era unha importante sinal de identidade- nun primeiro momento para ambos os dous lugares de celebración e, logo, para o conxunto da parroquia. Este carácter identitario viña dado pola creatividade e espontaneidade dos membros desa comunidade, na que se celebraba o evento (5). Asi mesmo, e ao igual que acaecía en calquer festa da parroquia, o baile e a música constituían os elementos cume onde a liberación da sensibilidade é máis notoria facéndose patente na ruptura das normas, que presionan a conducta dos integrantes dunha comunidade. Polo tanto, toda festa, posibilita un tránsito do cotiá a situacións onde a espontaneidade, a diversión e o relaxamento dos costumes poden ter lugar.
Pois ben, ata aquí estiven falando cunha linguaxe do pasado xa que o último ano que se celebrou o Entroido en Bazar foi no ano 2012. No obstante, penso que a súa non celebración nestes anos é temporal, e que hai persoas na parroquia que andan imaxinando no seu maxín novas novidades para un novo Entroido, que sempre debe conservar o Sermón e a Queima do Entroido, pecualiaridades específicas do evento. Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no S.XI (7)
Polo tanto, é probable que calquera día un grupo de persoas da parroquia decidan de novo organizar o Entroido, usando ese relevante "Centro Cultural Rei Stolle", pra comunicalo aos seus veciños. Estes deben colaborar, en función das súas necesidades, cunha cota económica. Mais o seu labor non debe parar aquí senón que todos- homes, mulleres, mozos/as- deben axudar aos organizadores nos diferentes mesteres, que estes lles indiquen, en función da idade e as súas cualidades. Deste xeito, vanse superar todos os atrancos e dificultades, que impediron a súa continuación. Ademaís, hai que seguir pedindo axuda ás institución locais, que sempre colaboraron con este evento; tamén, ás provinciais -Deputación-; e como non, aos membros das parroquias colindantes, que teran ledicia de que renazca este evento ao que adoitaban acudir dende antano. Pensade, veciños/as de Bazar, que se o facedes desta maneira ides recuperar unha das sinais fundamentais da vosa identidade, como é o Entroido. ¡Ánimo e cohesión!.

NOTAS:
1. RISCO, Vicente.: Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Cultura Espiritual. Akal. Madrid, 1979, páx. 635.
2. COCHO, F.: Ob. cit., páx. 283.
3. García Cendán, Bernardo. “O desacougo da risa”, en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, 1993, páx. 52.
4. COCHO, F.: O Entroido Galedo. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Páx. 35.
5. FIGUEIRA TENREIRO, Sabela. O Antroido onte e hoxe. Achegas ao estudio desta festividade na Terra Chá. Revista Dixital de “Galicia Encantada”. Web.: www.galiciaencantada.com. Páx. 19.
COCHO, Federico. O Carnaval en Galicia. Vigo: Xerais, 2007. Páx. 245.

VI. BIBLIOGRAFÍA.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme.: Achegas históricas ao Antroido de Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI, en Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga) nº 19, 2009.
CARBALLO FERREIRO, Xosé Manuel.: 'Memoria. Presentación. Prólogo', en Máis de media ducia de escritores chairegos e ao Antroido. Coord. por Asociación de Val de Francos. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, 1993, páx. 3.
CARO BAROJA, Julio.: El Carnaval. Análisis hitórico-cultural. Barcelona: Taurus. 1979.
COCHO, Federico.: O Carnaval en Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 1990.
CHAO REGO, Xosé.: 'O Entroido é unha entrada', en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Coord. Xosé M. Carballo Ferreiro. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, Lugo, 1993, .Dirección Xeral de Política Lingüistica.
FIGUEIRA TENREIRO, Sabela. O Antroido onte e hoxe. Achegas ao estudio desta festividade na Terra Chá. Revista Dixital de 'Galicia Encantada'. Web: www.galiciaencantada.com.
FIGUEROA PAZ, Antonio.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (Six). Autor dos mapas de localización.
GARCÍA CENDÁN, Bernardo. 'O desacougo da risa', en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmo e o nós outros, Vigo: A Nosa Terra, 1993, páxs. 173-174.
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Oscar J.: Mascaradas de la península ibérica, Oviedo: Ed. Autor, 2014.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e MARIÑO FERRO, X.R. O Entoido en Galicia. A Coruña: Deputación Provincial, 1987.
LISÓN TOLOSANA, C. Antropología cultural de Galicia. Madrid: Editorial Siglo XXI, 1971.
MARIÑO FERRO, X.R.: O Entroido ou os Praceres da carne: Sata (A Coruña). Ed. do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 84, 2003.
RISCO, Vicente.: Historiza de Galicia, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Etnografía. Cultura Espiritual. Madrid: Akal.
RUBIEIRO DA PENA, Ana María; PÉREZ PÉREZ, Carolina; ABELLEIRA VEGA, Gloria.: 'Proyecto de Recuperación da Tradición Oral na Contorna de Viladonga (2). Concello de Castro de Rei', en CROA (Boletín da Asociación de amigos do Castro de Viladonga). Nº 26, 2016, Castro de Rei (Lugo).

VII. OUTROS ARTIGOS DO 'AUTOR' SOBRE O ENTROIDO NA PROVINCIA DE LUGO.
BLANCO PRADO, José Manuel:
* 'Primeira exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo', Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2005, paxs.203-222.
* 'O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo (A Poboa de Brollón). O volante, o peliqueiro e o oso', Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páxs.127-137.
* BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: 'Achegas históricas ao Antroido do Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI', Croa, nº 19, 2009, páxs. 58 -84.
* 'O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na Ribeira de Chantada', Lucensia, nº 39, Lugo, 2009, páxs. 363-370.
* 'Fotografía. Capítulo II. 10”, en As caras do Entroido Ourensán, Ourense: Deputación Provincial. Fundación Caixa Galicia, 2009.
* 'O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na freguesía del Salcedo' (A Poboa de Brollón), Lucensia, nº 40, Lugo, 2010, páxs. 163-172.
* '2ª Exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo', Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2012. 2010.
* BLANCO PRADO, J.M e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: «O Entroido Ribeirao. Santiago de Arriba (Chantada) (Lugo)», Croa, nº 22, 2012, páxs. 78-105.
* «O Entroido na Diocese de Lugo, III, O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres nas Terras de Lemos». Lucensia , nº 45,2012, páxs. 378-389.
* O Entroido en imaxes: mostra fotográfica da provincia de Lugo. Deputación de Lugo. Vicepresidencia. Rede Museística.2012
* «Aportacións sobre o Entroido Lucense». Anuario Brigantino nº 36, Betanzos (A Coruña), 2013, páxs. 495-513.
* Autor da foto da portada do libro «O Teatro no Entroido de Salcedo (A Poboa de Brollón)», Deputación Provincial de Lugo, 2014.
* 'O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 1985-2002', Anuario Brigantino, nº 39. Betanzos (A Coruña), 2016.
* Terceira Exposición do Entroido na provincia de Lugo, Mesón do Forno, Lugo, 2017.
* 'O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 2003-2012'. Croa, nº29. Boletín do Museo do Castro de Viladonga. Castro de Rei (Lugo), 2019.
* 'Novas achegas históricas sobre o Antroido de 'Val de Francos (Castro de Rei) (Lugo). Segunda década do Século XXI', en Croa nº 31. No prelo.
* 'Rituais ancestrais do Entroido. Achegas históricas á 'corrida do galo' en Galicia e nos concellos chairegos de Castro de Rei e Cospeito', na Revista 'Pena do Encanto', nº 11. Vilalba (Lugo): I.E.S. CHA (Instituto de Estudos Chairegos), 2021, páxs. 9-23.

AGRADECEMENTOS: O me agradecemento aos seguintes informantes: José Canto Novo, Ana Vila Ferreiro, Avelina Corbelle Fernández, Carmen Folgueira Fernández, Fernando Novo Rodríguez, Marta Castro, Pilar Canto, Iván Diaz, Rafael de Xusto. Tamén, a Antonio Figueroa Paz, autor dos mapas de localización.

ACLARACIÓN: Os textos dos Sermóns foron reproducidos neste traballo tal como os elaboraron os seus autores.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES