Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 26 de diciembre de 2023
Estes xuíces...

Ola, Aquilino. Volvo ser eu, o fillo da Parraguesa. E non me colgues o teléfono, por Deus, que o outro día sentoume mal que me deixaras coa palabra na boca. Que tampouco era para tanto. Ademais, para que están os amigos? Ten por seguro que ós que son simples coñecidos nin os chamo nin falo moito con eles. Xa sei que son moi laretas, e pesado, e aburrido, pero... que queres?; foi a Parraguesa a que me pariu así.
Pingas de Orballo Liches o outro día o dos xuíces? Que seica se queixan de que os políticos se están a meter moito con eles, é dicir, que os deixen en paz. Eu sempre lin o de xuíces conservadores e xuíces progresistas. Se non erro e se non son parvo estas dúas cualidades ou condicións son políticas, non si? Ti que dis, Aquilino? Que a ti nin che vai nin che vén? Paréceme ben, pero, por Deus, que non boten a lingua a pacer! Veña, tranquilo, a miña lingua é distinta e ti non es un lameiro. Eu só falo por falar, por matar o aburrimento, sabes?
Oíches? Cando te canses de min, dio sen vergonza ningunha. Eu tampouco a teño para chamarte. Pero aguanta un pouquiño máis, home. Ten compaixón dun amigo. Si, dun pesado, pero amigo. Tampouco levamos tanto tempo falando. Sabes que miña nai sempre se portou ben con vós: agasallábavos cos ovos que nos sobraban e mesmo, algunha vez, deixou de segarlle os nabos ós porcos para darvos unha presada de nabizas. Non, non, por Deus, isto non é ningunha coacción; díxencho por dicir algo.
Ale, por esta vez non deixo que me colgues. Xa me despido eu. E graciñas por aguantarme. Seguimos en contacto, vale, Aquilino?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES