Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 22 de diciembre de 2023
O Meteorito

As televisións amosan imaxes del. As radios só falan del. A prensa só escribe sobre el. E os parladoiros estudan, analizan e esbardallan sobre el. El é o meteorito que, segundo os entendidos, chocará coa Terra en sete días xustos. O meteorito é tan grande que, no choque, non só fará un buraco coma o da extinción dos dinosauros, senón que á Terra pasaralle exactamente o mesmo que lle acontece a un globo inchado Pingas de Orballo cando estoura. Resumindo: que a Terra farase po, voaxa e deixará de existir como planeta.
Se todo isto acontece (que acontecerá, segundo os profesionais), adeus ó ser humano e a todo aquilo que non é humano. Adeus á vida e a todo o que é inerte. Adeus a todos os adeus e a todas as formas de saúdos e despedidas.
Ante tal panorama, a xente vive abatida, desanimada (normal) e tan só algún valente toma o acontecemento, a fin existencial a chacota. Xa van alá máis dunha ducia de suicidas e nas rúas impera o caos. Como nunha película apocalíptica.
Só algún heroe (eu mesmo) analiza a situación e busca e rebusca algunha solución. Sei que non a hai; como tamén sei que esperanza é o último que se perde e que non vou quedar de brazos cruzados. Opto, entón, por subir ó campanario da igrexa de Baños de Molgas para achegarme un chisquiño máis ó meteorito. Alá no alto, incho os pulmóns de aire e espero sen respirar estes sete días.
Pasada a semana, e cando o meteorito entra na atmosfera terrestre, sopro, expulso, deixo escapar con forza o aire que acumulei no peito e quen estoura, quen rebenta é o puto meteoro. Agora si, agora respiro xa con calma, moi suavemente e cun sorriso nos beizos. Acabo de salvar o planeta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES