Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Surrealismo nun bus

miércoles, 27 de diciembre de 2023
Hei de recoñecer que me gusta viaxar en bus. Quizais porque ata agora non tiña oportunidade de facelo xa que non estaban adaptados. Por iso coido que desfruto mais as viaxes. O outro día vivín unha situación surrealista que semellaba unha escena de Almodóvar. Un señor sobe ao bus pola parte de atrás, e decir, pola porta pola que só subimos os que temos cadeira de rodas e movilidade reducida. Se a cara dura fose considerada discapacidade, este señor racharía a porcentaxe, pero como non o é, este señor é un sableador de toda á vida.

O caso é que desatouse unha discusión entre o individuo e o condutor. O condutor para o bus e chama á municipal. Está fora do bus falando polo móvil cando chama a centralita. Menos mal que quedou o señor dentro para collerlle á centralita e dar o seu propio parte. Eu non aguantei coa risa , xa que vin unha curta de humor que nin "Martes y Trece" puido imaxinar.

Ao final, o señor baixa reclamado polos municipais e fica con eles mentres o bus segue ruta.

Houbo frases imperdibles como cando o condutor chamou á policía e o señor lle di: "chama, chama, a ver se te deteñen a tí". En fin, teatro da vida. Aquí deixo a escena porque me da pena que se perda.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES