Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hostilidade empírica

viernes, 22 de diciembre de 2023
O empirismo é unha doutrina filosófica que aborda a orixe e o fundamento do coñecemento, e considera só como válido o que parte da experiencia. Polo tanto, nega validez ao coñecemento racional e ao innato, por falta de "datos". Así que tanto a mera razón como as ideas que posuímos na nosa mente non garanten un coñecemento fiable. Quedemos, pois, con esta xeneralidade, posto que existen moitas correntes empíricas que poderían dar lugar a estudar varias clases de empirismo; pero o meu propósito non é outro que ofrecer aos lectores algo que lles permita xulgar unha adecuada comprensión do moito que na actualidade nos din os estudosos implicado co contido desta temática.
Este termo, empirismo, adoece dunha gran ambigüidade. Pode utilizarse partindo de aplicarse en varios campos, como no psicolóxico, no gnoseolóxico, no lóxico, no metafísico, no epicureísmo, no escepticismo, no nominalismo, etc.; pero nosoutros vamos quedarnos máis curtos. Limítome, polo que a min respecta, a intentar contestar unha pregunta. Esta: ¿pode estenderse o empirismo ao coñecemento da realidade só partindo da experiencia, ou estase tamén utilizando outra clase de coñecemento que rexeita o empirismo?. Farei unhas referencias a Hume e Wittgenstein, e, a partir de aí, intentarei dicir algo relacionado coa pregunta e a hostilidade, na que caen pragmaticamente algunhas persoas cos actitudes de matiz empírico.
Como apunta Miguel Ángel Quintanilla, onde queira que nos encontremos coa teses do empirismo, veremos que vai acompañada dunha dobre dificultade: Nin explica a orixe das nosas ideas a partir dos feitos da experiencia, nin resolve o problema do valor A PRIORI (independente da experiencia) das verdades da razón, da lóxica e das matemáticas. Existe, polo tanto, unha contraposición a eses coñecementos, e, non obstante, non se ve como poden acadar os que se consideran válidos sen utilizar estes. Pero hai algo máis aínda: No suposto de que a tese do empirismo fose aceptable, ¿pode, empiricamente, chegar a coñecerse algo máis que aspectos da realidade, superficiais manifestacións da mesma?. Aquí creo que habería que ocuparse dos mesmos fundamentos epistemolóxicos da realidade cuántica e lembrarse, por exemplo, do perspectivismo de Ortega.
Vexamos o que nos di o filósofo escocés David Hume. Só considera como xenuíno o coñecemento lóxico-matemático ou aquel que se fundamenta nas percepcións, nas observacións e no considerado científico. Aquí queda excluído todo o metafísico, como a substancia, a alma, a realidade última, etc., que son obxecto dun claro escepticismo. Todo o que está fora do mundo dos sentidos non debe propiciar ningún tipo de teoría filosófica, de mera especulación. Pero..., o lóxico-matemático está dentro do mundo dos sentidos?.
Hume tamén rexeita o mesmo principio de causalidade, porque para el a relación causal non é outra cousa que unha especie de vinculación entre obxectos observables. Da problemática metafísica da causalidade tamén se ocupou Zubiri, quen na páxina 89-90 do seu libro Estrutura Dinámica da Realidade, escribe: "Ciertamente, si se toma una causación particular, en función de lo real en tanto que real, particular, uno se encuentra con que la causa es siempre problemáica. ¿Quién puede estar seguro nunca de haber descubierto una causa real de un fenómeno, mucho menos si se pretende que esta causa sea adecuada?. Esto es absolutamente quimérico".
Pero hai profunda diferenza entre a postura de Zubiri e Hume, posto que o radicalismo deste afecta aos interrogantes metafísicos, como aos referentes á alma, ao mundo, ao sentido da nosa vida, etc., que os considera desvinculados da certeza, xa que non están ao alcance da comprobación empírica. E isto influíu no positivismo lóxico, que, realmente, pouco máis fixo que propagar a interpretación de Hume, quen intentou reducir o discurso a linguaxe da lóxica formal e as matemáticas, unha actividade non cognoscible, principalmente se se compara coas análises e clarificacións das proposicións, ideas e conceptos propios do método das ciencias naturais.
A inseguridade dalgúns dos pensadores que manteñen teses empíricas evidenciase en Wittgenstein, que abandonou as centradas na súa obra o Tractatus polas que leva máis tarde ás Investigacións, nas que considera que a linguaxe é moito máis complexa do reflectido nos seus primeiros tempos, pois empeza por afirmar que as palabras non son meras identificadoras de obxectos, senón un instrumento que VALE cando SE USA, e este uso é o significado. Define a filosofía como DESCRIPTIVA, non pode interferir na linguaxe, só describila, aínda que sigue mantendo que é unha actividade terapéutica, que alivia a ansiedade e concede á existencia unha multiplicidade de xogo de idiomas. Existe ese xogo de idiomas coa súa propia "forma de vida".
Insistiu Wittgenstein, en Investigacións, que nunca VEMOS, así a secas, senón que VEMOS COMO SI FOSE ISTO OU AQUILO, é dicir, interpretámolo nosoutros e introducimos o ASPECTO: Vemos un cadro baixo un aspecto ou outro, no seu exemplo, un pato ou un conexo, de tal maneira que os observadores ven os mesmos entes, aínda que a súas dúas visións son diferentes. Con isto trata de explicar que os metafísicos tiveron dificultades ao ter que articular o mundo de maneira iluminadora tal COMO eles o VEN ou o experimentan.
Penso que a hostilidade culturalmente empírica debe de entenderse como meras formulacións contrapostas da mesma temática, pese a que existen actitudes persoais, explícitas ou implícitas, que non vacilan no emprego da denotación do termo ou equivalente peiorativo. Pero eu quero resaltar aquí que moitas persoas que nin tan sequera coñecen o empirismo, utilízano implícita e pragmaticamente, practicando incluso o escepticismo xurídico, moral e teolóxico, por exemplo, nas súas propias ideas e conceptos, e aquí si, se percibe unha certa hostilidade no seu modus operandi, sobre todo cando rexeitan os fundamentos das afirmacións opoñentes, utilizando un empirismo descoñecido, pero aplicado en defensa de certas actitudes ou intereses persoais.
E traio aquí isto porque soan nesta liña os comportamentos de matiz truculento, máis ou menos inconscientes; e nestes casos percíbese unha certa hostilidade, como ocorre cos políticos, que, ás veces, se fanatizan cos principios das propias ideoloxías, "per se" xeralmente inverificables, e, outras veces, prescinden deles para xustificar o que, en lóxica non empírica, é inxustificable. En todo caso, uns e outros, cultivan a hostilidade nas súas intervencións mutuas de desvalorización das respectivas afirmacións; pero, ademais, a incontinencia verbal (no caso dalgúns políticos) lévaos a ampararse na mesma lei, cando lles convén, que rexeitaron nalgún momento, o que equivale a quebrar o aceptable estado historicamente habitual da convivencia, tratando de substituílo por outro non verificable con criterios históricos fundamentados constitutiva e constitucionalmente.
Creo que o empirismo, restrinxindo o campo das diferentes experiencias, limitan o da mesma realidade, e disto aprovéitanse os afeccionados ao emprego das truculencias no seus comportamentos, desvalorizando outras vías de acceso ás realidades que desexan descoñecer, precisamente como vítimas dun apriorismo ideolóxico contraditorio coas propias actitudes.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES