Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 20 de diciembre de 2022
Resultado do aburrimento

Como non teño que facer e estou aburrido, vou chamar a Aquilino, a ver se con el mato un pouco o tempo. Ola, veciño; son o fillo da Parraguesa. Que fas? Eu estou aquí medio aburrido e díxenme: vou chamar a Aquilino. E chameite. Nada, simplemente para parolar un pouco. Si, todos ben. E ti? Ah, mira que ben. Xa vexo que vives coma un rei. Eu tampouco me queixo. Para que.
Pingas de Orballo Sabes que pensei cando me estaba erguendo da cama pola mañá? Que Feijóo e Abascal calzaban zapatos de tacón alto porque fan ou meten moito ruído. Mira ti por onde se me deu. Pero sabes que ás veces o primeiro pensamento é o que conta, o que vale. Ti que dis? Riste? Pois non che é cousa de risa. Non pinta nada ben o asunto.
Tampouco pinta ben o Celta. Pobre. Que dis, que che estou matando a cabeza? Home, non sexas así; aguanta un pouco. É que non sei que facer. E xa estou farto de mirar para os biosbardos e de pedirlle peras ó carballo ou landras ó castiñeiro. A ti paréceche que esbardallo un pouco, pero tan só é o efecto, o resultado do aburrimento.
Veña, home, non me deixes coa palabra na boca. Que son o fillo da Parraguesa, Aquilino; que non son un calquera; que ben tardes pasamos xuntos coas vacas en Pinouzos. Lembras o día que fomos ós niños polo Río Vello? Non atopamos nin o primeiro! Para min que os paxaros nos colleran medo. Ti que dis?
Me cago no mundo, colgoume de mala maneira! Nunca pensei que Aquilino me fixera tal desprezo. Que son o fillo da Parraguesa, carallo! Que non son un calquera!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES