Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fitos determinantes do Camiño Xacobeo de San Rosendo

lunes, 25 de diciembre de 2023
Os primitivos protectores: Templarios, Hospitalarios de Xerusalén e Cavaleiros de Cristo.

O vínculo das tres Ordes Militares co Camiño Xacobeo de San Rosendo foi intenso, estable, fluído e duradeiro.
A memoria dos tempos idos, segue a falarnos a través dos silencios dos signos, símbolos, metáforas e mitos, tan presentes, por veces invisibles e outras desvirtuados. Foron tan fortes, que na actualidade, inda podemos visualizar a grandeza do pasado, a debilidade do presente e a potencialidade futura, a ben dicir, a través doutros formatos, mudando as formas e mantendo o fondo primitivo: de seguridade, acollida, coidados e espiritualidade.
Cando un camiño de peregrinos estaba custodiado por cabaleiros, ben da orde do Temple, dos Hospitalarios ou de Cristo, é un indicador fiable e potente, que nos mostra, a alta taxa de convocatoria que atesouraba ese itinerario.
A chamada do Apóstolo Santiago, creou un fluír de xentes, que andaban e desandan o camiño, un ir e vir de peregrinos, que precisaban seguridade, alimento, cura e fogar onde acollerse, tanto na ida a Santiago, como na volta ao seu fogar.
As tres ocupacións do orde medieval, eran: rezar, combater e traballar. A sabedoría das ordes militares, xuntaron na mesma fraternidade a función da pregaria, do traballo e a do combate. A súa primeira misión era a de ir a Xerusalén, apoiar aos cruzados na Guerra Santa, para liberar o sepulcro de Cristo do poder musulmán.
Nese contexto, nacen os monxes da:
- Orde Hospitalaria de Xerusalén (1048). Regra de San Agostiño.
- Orde do Templo de Xerusalén [Templarios], (1119-1312). Regra do Cister.
- Cavaleiros de Cristo, sucesores dos Templarios en Portugal (1319), cos mesmos estatutos.
Tanto os Templarios como os Hospitalarios de Xerusalén e máis tarde os Cavaleiros de Cristo, tiveron unha implicación moi importante en todo o proceso da Reconquista, ían na primeira liña do fronte cos exércitos dos reinos hispanos. A medida que ía avanzando a conquista, establecíanse nas fronteiras, para garantir a seguridade dos territorios.
Afortunadamente, a pesar da perda de arquivos, referencias bibliográficas, procesos de desamortización, itinerarios, arquitectura viaria, hospitais, capelas, igrexas e mosteiros, contamos cun gran patrimonio, que desde diferentes ángulos e perspectivas, vainos permitir encontrar a base científica, establecer a disciplinas investigadoras, correlacionar variables e achegarnos a ansiada sabedoría.
Todo comeza coa análise dos datos das diferentes fontes documentais, para conseguir a información fiable, que nos vai conducir ao coñecemento dos feitos no seu tempo, modo e contexto.

Fontes escritas:

1. Tombo de Celanova:

Documento nº 156 do 15 de setembro do ano 1142 no que se recolle o "pacto entre Pelaio abade de Celanova, e don Xerardo tenente da obediencia de San Paio de Veiga e representante dos Hospitalarios de Xerusalén, para facer e rexer un hospital na Portela de Samuel, en terras de propiedade celanovesa".
Referente á localización da "Portela de Samuel", todos os indicios lévannos ao lugar de Portela ao lado do alto do Vieiro.

2. Celanova Ilustrada y Anales de San Rosendo de Benito de la Cueva1.

"O rei don Alonso o Magno quixo tomar a cidade de Coimbra e encargoulle ó avó de Rosendo Guterres e seu capitán xeral, Hermenexildo Menéndez e ó fillo deste e pai de San Rosendo, Gutier Menéndez, a operación militar, xunto con outros capitáns galegos, da que saíron vitoriosos no ano 895. Agradecido o rei por tan importante logro, "dándolevictoria contra los moros de Coimbra por intercesión del Apóstol Santiago, fue a Compostela acompañado de suscapitanes y caballeros a dar gracias a Dios y al santo Apóstol en su Iglesia". Facendo esta ofrenda o 13 de decembro daquel ano, [895]día no que se celebraba a Traslación do corpo do Apóstol.
Doazón de vivendas para monxes de Celanova, no ano 1061.O Rei don Fernando, "hizo merced a Celanova y a su Abbad Don Ariano de unos palacios de Santiago con una heredad cerca de ellos". (...) "los palacios de la condesa doña Adroacia con su heredad para que los monjes de Celanova tengan posada, cuando fueren a Santiago y para que de los Palacios se haga hospital, donde los monjes de Celanova hospeden y abriguen los pobres que van a aquella ciudad a visitar al Santo Apóstol".
"No es pequeña loa para Celanova que sus monjes hayan sido hospitaleros desde estos tiempos, y que hayan dado principio a un hospital tan principal como el Real de Santiago".

3. Historia del Apostol de IesusChristoSanctiago Zebedeo Patron y Capitan general de las Españas / dedicasela Don Mauro Castellà Ferrer.

"Militar y escritor (Celanova, Galicia 1567-Madrid 1612). Autor de Historia del Apóstol Santiago Zebedeo, Patrón y Capitán General de las Españas, publicada en 1610 en Madrid.
Castellá, santiaguista entusiasta, "la primera cosa que me ha movido es lo mucho que debo al Apóstol", pretende resaltar los beneficios que la figura de Santiago representó desde la Edad Media para España y sus monarcas.
De más de 500 páginas, con numerosos y reveladores imágenes con escenas, piezas e iconografía jacobea, es una obra esencial del siglo XVII a favor de la causa jacobea, que en esa centuria debe enfrentarse a sucuestionamiento por determinados sectores españoles y a numerosos ataques del exterior" 2.
A figura do Pertigueiro:
"Proveya la casa de Celanova un cargo é lo que se entiende instituydo por San Rudesindo, (comenzaría en algún hermano, ó deudo suyo) muy honroso, que se intitulava el que le tenía Pertiguero y justicia mayor del Estado de Celanova, como el Pertiguero Mayor de Santiago" 2.

4. Vía Romana do Gerês (Geira) em 1728:

No ano 1728 Matos Ferreira, sitúaos en San Joâo do Campo, no tramo portugués:
"a donde hoje está, fundacâo dos Cavalleyros Templarios que defendiâo a estrada de Geyra (...) principalmente as das Casas Santas de Jerusalem, e do ApostoloSaoTiago, que nesse tempo era a Geyra".
"(...) Na aria em que esteveantiga.te a Igre.ado Campo (...). Estava este Templo no sitio da veiga de S. João, alem do río, em distancia de 50 passos, e da aldea ou lugar do Campo 600 pasos (...) reedificado em tempo do Emp. Constantino Magno, e [dedicado] a S. João Baptista do Campo e dahi a an.sfoy pessuido pellos Cavall.os Templarios; extintos estes ficou sempre permanecendo athe o anno de 1692 (...) 3

Toponimia:

O mosteiro de San Maritño de Cabaleiros, ten todos os indicios de estar habitado polos Cabaleiros Templarios. A toponimia, mantén fresca a memoria, a pesar do paso do tempo, e Cabaleiros é o nome abreviado dos Templarios, no territorio que defendían.
O Mosteiro foi saqueado polo exército napoleónico, de aí a falta de información. Coñecemos que nun principio era mosteiro feminino, despois estivo ocupado por a orde de San Agostiño, este dato conduce aos Hospitalarios de Xerusalén, dado que seguían a regra dese gran santo. Tivo etapas de estar desocupado e acabou pertencendo ao mosteiro Celanova, como a maioría do territorio da freguesía de Grou.
Cabaleiros, ven a ser o punto intermedio do camiño de San Rosendo entre a Veiga do S. João do Campo do Gerês e Celanova, distancia que se pode recorrer a cabalo nun día.
A Web do Concello Lobeira axúdanos a completar a información do Mosteiro de San Martiño, recollida do texto: Lobeira en 1893: Visión de la margen derecha del Río Limia en la obra de Benito Fernández Alonso "El río Limia y sus contornos":
(...) á muy pequeña distancia, y en la vertiente de aquella altura se halla el priorato de Cabaleiros, hoy San Martín de Grou, en donde en otro tiempo hubo un convento de monjes de la orden de San Agustín,
Los frailes de este monasterio eran dueños de casas y rentas en diferentes puntos (...) los monjes del Priorato eran muy atendidos por los prelados y respetados por las justicias. La topografía y calidad del terreno que circunferencia á la casa rectoral-convento es verdaderamente pintoresco y sin rival a orillas del Limia (...)
É numerosa a toponimia relacionada co apóstolo Santiago e con San Rosendo ao longo do camiño. As súas devocións están presentes en igrexas, capelas e festas patronais, espalladas por todo o territorio.

Simboloxía:

1. Cruces:

As cruces Templarias e as dos Hospitalarios de Xerusalén, aparecen con frecuencia nas igrexas, capelas e mosteiros do camiño de San Rosendo…
2. Sarcófagos e lápidas funerais:

En determinados camposantos, coma no da igrexa románica de Serzedelo, hai varios sarcófagos e lápidas funerarias coa cruz en forma de espada, que a ben seguro, son templarias, dos Hospitalarios ou Cavaleiros de Cristo.
3. Arquitectura:

A estrutura de varias igrexas, semellan ser ao mesmo tempo lugar de culto e baluarte defensivo.
4. Heráldica:

O estudo dos numerosos escudos, que se conservan no entorno do Camiño de San Rosendo, é fundamental para establecer a relación entre o itinerario e os propietarios do territorio por onde transcorría.

Libros de defuncións das freguesías:
Os libros parroquiais, ten información dos falecementos desde finais do século XVI ou comezos do XVII, un estudo desta fonte documental debe aportar información moi valiosa desde diferentes ángulos: procedencia, apelidos, idade ou xénero. Nas freguesías onde temos documentados hospitais, con maior certeza encontraremos estes datos.

O dilema Herdanza/Préstamo

No estudo diacrónico do camiño Xacobeo de San Rosendo, Celanova é o eixo sobre o que xira todo o seu desenvolvemento, de aí a definición "Celanova, a Vila máis Compostelá de Galicia", que con tanto acerto da o noso investigador Antonio Piñeiro 4, eu engadiría e dos camiños xacobeos.
Por o que foi, por o que queda e por o que está chamado a ser: pasado, presente e futuro, temos a obriga de estudar, coidar e engrandecer este tesouro, que máis ca unha herdanza, é un préstamo dos nosos fillos, netos e bisnetos, aos que debemos entregar con máis valor do que o recibimos dos nosos antepasados.

Notas:
1. Celanova Ilustrada y Anales de San Rosendo, por Fray Benito de la Cueva.
2. Castellá Ferrer, Mauro. https://xacopedia.com › Castellá_Ferrer_Mauro
3. Matos, Ferreira. J. (1728). Thesouro de Braga. Descuberto no Campo do Gerez. Reeditado por a Cámara Municipal de Terras de Bouro no ano 1994.
4. Antonio Piñeiro. Xestor Cultural do Concello de Celanovas.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES