Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no S.XI (5)

martes, 19 de diciembre de 2023
V. 1. Análise dos sermóns comprendidos entre os anos 2009 e 2012.
Únicamente se conservan os sermóns destes anos, xa que os dos anos anteriores foron perdéndose co paso do tempo. Só puidemos ter acceso a unhas estrofas, realizadas por Avelino de Marcos e conservadas por Ana Vila Ferreira, veciña de Mudián (Bazar). Os sermóns do Entroido da parroquia de Bazar están compostos de estrofas de catro versos, aínda que tamén hai algunhas de cinco e seis versos. Predomina a rima consoante sobre asoante. O do ano 2009, foi realizado polo mestre Manuel Vila López da Ponte de Outeiro (Castro de Rei); os dos seguintes anos foron elaborados polos organizadores do Entroido, e algúns veciños da parroquia. Estes comezan sempre cun saúdo dirixido tanto aos veciños da parroquia como aos foráneos, é dicir ás persoas procedentes doutras comunidades. Aos veciños agradécenlles as axudas prestadas para a realización da festa. Aos foráneos danlles as grazas pola súa asistencia e ademaís, anticípanlles as posibles novidades, que vai ter o evento coa finalidade de diferenciar o que facemos "nos" como comunidade do que facedes "vos", símbolo doutras comunidades. En definitiva, trátase de resaltar e consolidar a identidade da comunidade cos seus trazos e peculiaridades. Algúns trazos do saúdo están explicitados nos sermóns do seguinte xeito:
"Amiguiños e amigas de calquer lugar / por vir hoxe a nos acompañar / e ós veciños e veciñas por tanto axudar / moitas gracias vos queremos dar"/ (1).
"Xa volvemos a estar aquí / e este ano con novedades / para que non digan os de fora / que non somos orixinales"/ (2).
Logo do saúdo de rigor, nos sermóns adoita haber contidos de diversa índole, que podemos distribuir dende a miña óptica en dúas categorías:

1ª. INCIDENCIAS.
Nelas podemos distinguir dous grupos:

1.1. Aquelas que están ligadas ó labor da veciñanza no marco parroquial, e que teñen remedio ou solución. Os veciños da parroquia amosaron dende sempre unha Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no S.XI (5)reciprocidade entre sí, que se manifestaba nas axudas nas diferentes tarefas do campo: sega, malla, recolleitas etc. Amosaban a súa identidade de cara ao exterior por medio dos distintos eventos culturais e festivos, que se planificaban no "Centro Cultural Rei Stolle". Un deles, o Entroido, foi moi siñificativo en Bazar. Agora ben para a celebración deste festexo era mester planificar unha serie de actividades, que tiñan un prezo. Polo tanto, ademaís da colaboración dalgunha institución municipal e provincial, compría botar man dos veciños da parroquia, que eran en definitiva os que debían apoiar este evento para que poidese continuar en anos sucesivos. Pois ben, a maioría dos parroquianos aportaban cartos para a súa celebración como queda expresado na seguinte estrofa do "Semón do Entroido" (3).
"Cos veciños pudieron contactar / e souberon porque camiños andar / e quen moraba en cada lugar / e a todos as gracias lles queren dar / pola boa acollida que lles estiveron a dispensar".
No obstante, houbo algúns veciños da parroquia, que eludiron esta responsabilidade, aducindo todo tipo de motivos. Con todo, chegado o día da festa, houbo algúns -dos que non aportaran diñeiro- que tamén acudiron ao evento festivo, cando o máís lóxico sería que ese día quedaran nas súas casas, ou marchasen fora do espazo parroquial. Isto, como non, está reflectido nalgunhas estrofas do "Sermón do Entroido do ano 2010".
/"Hai algunos que non dan / dicen que os temos aburridos / pero aquel día no campo / ben que asoman os fuciños"/.
/"Os que non lles guste esto / e os que non nos deron nada / dámoslle un aplauso / e que se vaian pa casa"/.
Tamén hai outros veciños, que son pouco solidarios coa parroquia, e amosan actitudes egoístas. Estoume a referir, a algúns que non permiten descansar aos veciños cos seus traballos pola noite; aos que provocan coas súas mercadorías cheiros inaguantables na parroquia; aos que contaminan o río cos seus puríns; e aos que desfán e manchan as estradas, sin preocuparse das mesma. Estes comportamentos egocéntricos e, polo tanto, contrarios ao sentir solidario da parroquia, son mencionados nalgúnhas estrofas dos Sermós entroidanos.
"Os da Sat do Ferreiro tamén están a progresar / e a cuadra das vacas andan a aumentar/. Pero como é xente de moito traballar / en toda a noite non paran de rumbar/, e os veciños empézanse a cabrear / porque con tanto ruido nos os deixan descansar"/ (4).
/"Da merda que carreta Blas / tamén quería falar / pois con ese horrible cheiro /afoga ós veciños de Bazar / e moio máis os de Outeiro"/ (5).
/"Os camións que a carretan (a merda)/ andan cedo polo orballo / desfacendo as nosas pistas / esto róncalle o carallo"/ (6).
/"Quero tamén recordar / ós que abonan con purín / que con cheas con botar / porque a merda e moi rin / e o río vai a parar"/ (7).
/"Manchan as carreteras / de limpalas nin falar / os coches na lama derrapan / e á cuneta vanse esfachar"/ (8).
Tamén adoita haber na veciñanza, algunhas persoas que por envexa, ou rencor, adicanse a difamar ou calumniar sen ningún motivo aparente. Isto pasou no ano 2009, cando os organizadores do Entroido, tamén eran membros da directiva do "Centro Cultural". Pois ben, algúns veciños comezaron a dicir que como o "Centro Cultural" realizaba moitas actividades e actos de toda índole, que iso podía redundar negativamente na parroquia. Ista difamación foi recollida nunha das estrofas do "Sermón do Entroido", que dicía:
/"A nova directiva do Teleclub de Bazar, / moitas actividades está a organizar / e as malas lenguas xa andan a comentar / que coa parroquia queren acabar"/ (9).
No obstante, a celebración do Entroido do ano 2009 foi un gran éxito debido á organización e as numerosas persoas, que acudiron non so da parroquia de Bazar senón tamén da súa bisbarra. Isto motivou que as murmuracións fosen diminuindo paseniño, como queda reflectido na seguinte estrofa do "Sermón do ano seguinte".
/"Din que o teleclub mellorou / estes novos son currantes / por fin o pobo calou / xa non son os contos de antes"/.
Con todo o dano estaba feito. Cando se difama a unha persoa ou a un grupo logo é moi difícil devolverlle o creto, xa que sempre van a quedar dúbidas. Polo tanto, moito cuidado co que se dí. Hai que ter ¡PROBAS!.

1.2. Outras, de carácter natural, que non podemos remediar. Estas están relacionadas coas adversidades, que ocasionan un importante dano á parroquia. Neste tipo de incidencias voume referir a unha gran trevoada de neve e vento, que ocurriu no ano 2010 pouco antes da festividade do Entroido. Esta prexudicou á parroquia, ocasionando diversos danos. Ademaís, houbo cortes de luz, que tardaron en arranxarse, así como Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no S.XI (5)dificultade para transitar polas estradas e camiños debido ao desxelo existente. Este temporal, quedou mencionado en varias estrofas do "Sermón do ano 2010" da seguinte maneira:
"Foiche todo un desastre / da casa non podíamos escapar / ven deitamos de excavaciones pi pi / que pola estrada nola anduvo a limpar"/.
/"Chamarono do concello / que a auga non podían arranxar / tuvo que ir coa pala / pois co coche non podía pasar"/
/"Xa a terra non tiña falta / e despois de tanto nevar / cando a auga a derreteu / moita creciente houbo que cruzar"/
/"Por Canto non se pasaba / e tampouco por Bardián / menos mal que ó alto da pena / a creciente non puido chegar"/
/"Ó noso amigo Demetrio / este demo tamén o quixo foder / encheulle o prado de auga / e pa poder sacar as vacas / aínda tivo que correr".

NOTAS:
1. Sermón do ano 2009.
2. Sermón do ano 2012.
3. Sermón do ano 2009.
4. Sermón do ano 2009
5. Sermon do ano 2010. Severiano Blas, transporta os residuos de depuradoras, e hospitais.
6. Sermón do ano 2010.
7. Sermón do ano 2010.
8. Sermón do ano 2011.
9. Sermón do ano 2009.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES