Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 19 de diciembre de 2023
Non teño límites

Busquei auga no deserto e atopei todo un mar. Ó mellor era un océano. Non me parei en mirar a súa extensión. Iso si, vin auga deica o infinito e máis alá. Máis alá do deserto, se entende. Ante esta busca caín na conta de que non teño límites, de que non se me resiste nada. Son capaz de atopar extraterrestres na tumba de Tutankamón.
Pingas de Orballo Son o fillo da Parrula e do Saltón. Eles os dous e máis eu somos os únicos habitantes da aldea que se chama precisamente Aldea, que pertence ó concello de O Municipio. Eramos máis habitantes (os meus irmáns, que son dous), pero xa hai moitos anos que emigraron para o outro lado do charco (dixeron que ían facer as Américas) e non volveron. Tampouco teñen intención de volver, así o comunican nas cartas que nos escribimos. Si, de cando en vez, escribímonos. O típico: os pais ben, eu ben, tal vaca pariu, tal becerro enfermou, tal monte ardeu, ós de máis alá da serra non se lles ve o pelo, o outro día contemplei unha chuvia de estrelas, onte estivemos tres horas sen luz, e cousas desas.
Chámome Silverio, O Senlleiro. Sei que me chaman así porque a intelixencia deses non é moita. É normal que sexa un solitario, un senlleiro cando vivo practicamente só e sen saír para nada da aldea, nin tan sequera para ir de compras. Moi de Pascuas en flores pasan comerciantes e demais farándula e co que nos venden chéganos para sobrevivir. Pasa o panadeiro, pasa o peixeiro e, polo demais, teño todo na casa, é dicir, na horta e nas leiras. Suficiente.
Busquei ras nunha charca e atopei toda unha lagoa de cágados e sambesugas. Tamén había outros bichos e vermes, pero non procede nomealos nin analizalos agora. Eu sigo buscando cousas para ver se se me resiste algunha. Non hai maneira! Para min nada hai imposible!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES