Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Farémoslle fronte

jueves, 21 de diciembre de 2023
Ó longo da vida vanse presentando multitude de obstáculos.
Antes de superalos, ata nos parecen insalvables.
Pero, cando poñemos o empeño necesario, comprobamos que temos moitas máis capacidades das que usamos habitualmente.
Teño entendido que as persoas que máis usan súa capacidade intelectual, só usan o 2% da total.
Queda o 98% na reserva...
¿Para cando?
O mellor que podemos facer é empregarnos a fondo.
SAÍR A FLOTE NO MAR DA VIDA É MOI IMPORTANTE.
Tan importante como ter unha boa calidade de vida.
A vida na prehistoria era moi difícil: vivían en covas, sen hixiene, sen luz...
Na idade Media, no noso país pasaban a vida loitando para recuperar territorio.
NOS NOSOS DÍAS NON SE TEN MOI CLARO O QUE ESTÁ PASANDO NIN O QUE NOS ESPERA.
A maioría dos cidadáns de a pé pasamos a vida traballando.
Son os gobernantes os que van marcando as pautas a seguir.
Deste xeito vanse superando etapas.
No tocante á supervivencia material, a maioría arrimámolo ombreiro.
Temos claro que o progreso económco ten o seu prezo.
Pero...
- ¿QUÉ PASA COAS COUSAS QUE NON TEÑEN PREZO?
Aínda que nos preocupa e nos ocupa moito o benestar material...
A vida é moito máis.
O BENESTAR PSICOLÓXICO E O BENESTAR ESPIRITUAL TAMÉN FORMAN PARTE DA VIDA DOS HUMANOS.
As estadísticas falan a miúdo do benestar económico, porque a economía é un piar moi importante.
Fálase menos do benestar psicolóxico e moito menos do espiritual; pero...
- A INFANCIA SOFRE ACOSOS DE TODO TIPO.
Seguramente teremos que acompañar máis que nunca ás nosas criaturas.
Seguramente necesitarán máis tempo e menos tecnoloxía.
Seguramente necesitarán máis educación no fogar.
Seguramente necesitarán máis principios e menos ropa de marca.
Seguramente...
- NA ETAPA ADULTA E NA SENIL, TAMPOUCO FALTAN PROBLEMAS.
Deso xa sabemos moito.
- HAI MÁIS VIOLENCIA QUE NUNCA
Outro problema importante ó que nos temos que enfrontar.
Inculcaremos valores: a vida honesta, o respecto pola vida, o amor ó próximo, o sentidiño...
- HAI TALENTOS QUE PENSAN MARCHAR Ó EXTRANXEIRO.
Un factor importante pode ser o afán de aventura na xuventude.
Eso forma parte da vida.
Pero tamén é moi importante:
- Que se sintan agradecidos coa terra que os viu nacer e medrar.
-Que recoñezan o que costou darlles unha boa formación para que traballen para mellorar o propio país.
- Que se sintan membros da comunidade que lles deu a vida.
- Que tomen conciencia de que son moi importantes.
- Que son fundamentais á hora de facer posible un mundo mellor.
Ese é un reto ó que temos que enfrontarnos seriamente para facelo posible.
- HAI MÁIS PROBLEMAS DE PAZ QUE NUNCA
Moitas son a persoas que sabemos que a paz é un ben moi prezado.
A verdade é que a todos nos gusta vivir en paz.
Todos amamos a paz.
Pero para que reine a paz debe reinar a xustiza.
Cando a inxustiza é moita: volvémonos constestatarios.
Con fortaleza e valentía farémoslle fronte ó que se nos presente.
- HAI MOITA FRIALDADE ESPIRITUAL.
O materialismo e o consumismo teñen obnubiladas as nosas mentes e os nosos corazóns.
Tomar conciencia de onde vimos e a onde imos é outro reto ó que temos que enfrontarnos canto antes, mellor.
Pero farémolo posible.
Volveremos ás raíces para desenrolar os nosos talentos a prol dun mundo máis humano
Faremos todo o posible para que a roda do progreso non se pare.
¡Somos valentes!
¡Farémoslle fronte!
"MERECE A PENA"
Este erá o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES