Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A 'sabedoría futbolística' dos afeccionados

lunes, 18 de diciembre de 2023
Foi no partido da Liga de Campións entre o Real Madrid e o Nápoles onde souben definitivamente da "sabedoría futbolística" dos afeccionados; pillando de exemplo ó xogador galego e madridista Joselu. Tivo tantas ocasións de marcar gol que, non A 'sabedoría futbolística' dos afeccionadosfacéndoo, o "gran afeccionado" xa o colleu de mofa, de chacota. Ó final, mira por onde, conseguiu marcar e o propio xogador lle pediu perdón ó público polas ocasións falladas. (Paréntese para dicir que lle vin fallar goles a porta baleira ós mellores xogadores mundiais).

Nin Joselu tivo por que pedir perdón e nin eses listos tiñan por que mofarse del. Porque aquí vou soltar unhas burlas máis que, despois, lles saíron pola culata a eses "grandes entendidos". Temos o caso de Morata, ó que crucificaron máis dunha vez pola súa falta de gol en moitos encontros. A min, por certo, sempre me pareceu un gran xogador, e non polos seus goles. Por min coma se non marca ningún. Pero sabe xogar moi ben para o equipo. Temos o caso de Vinicius, do que se rían a máis non poder e que, agora, o gaban coma a un Deus.

Aínda que o caso máis flagrante de todos foi o de Karim Benzema, que mesmo o insultaron como non se insultou a ninguén (nin ó mesmo Vinicius) e que incluso chegaron a solicitar de corazón a súa marcha do Real Madrid. E cando realmente se marchou, aí caeron na conta do que realmente perdían. De todos é sabido a miña defensa deste xogador (e son antimadridista), poñéndoo por enriba incluso de Cristiano Ronaldo e de Modric nese equipo merengue. Principalmente, pola súa clase.

Nunca dixen que eu entendera de fútbol, pero sei de moitos que van de adestradores, pero tan só cando a corrente vai ó seu favor. Estes van a tiro fixo e de aí non os move ninguén. Non saben ver máis alá dun balón entrando nunha portería. Cando Joselu, Morata ou Vinicius meten goles, unha marabilla! Cando os fallan, non analizan aquelas asistencias, aqueles desmarques que fan, aquelas recuperacións de pelotas que traballan, nin aquelas retencións de balóns para que cheguen os compañeiros. Recoñezo que eses listos seguen ó pé da letra o lema de Bujain Boskov: gol es gol. E se non hai gol, son uns fedorentos, uns pérfidos.

Aproveito o remate final futbolístico (ou sexa, case coma marcar un gol) para dicir que... por fin ganou o Celta! Aínda así, véxollo mal. Oxalá erre na miña predición.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES