Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adhesión á proposta de Mero como fillo adoptivo de Mesía

lunes, 18 de diciembre de 2023
Primeiro foi o colega Iago Santalla, despois o amigo Xulio Xiz... agora tócame a mín sumarme a iste recoñocimento ó noso común amigo Mero.

Por suposto que me adhiro, e aínda máis sei de moita xente que pensa coma min nese sentido e, por se a alguén lle quedaran dúbidas, falarei das virtudes diste Home ó que recoñozo como meritorio desde mediados dos anos sesenta do pasado século.

Vaiamos por partes: Coñocín a Mero coma compañeiro na escola Normal de Lugo nos anos sesenta e cinco ata os setenta e oito, ano no que rematamos a carreira de mestres.

Naquela morea de compañeiros, sendo eu folgazán e pouco dado a perder o tempo coñocendo a persoas vulgares, había algúns compañeiros, poucos, coma Mero que viviran sendo consecuentes coas circunstancias e as necesidades de entón. Mero era activo, de verba clara, de xenerosidade para o que fixera falta, intelixente, traballador e parrandero na medida que se podía. Así que, rematada a carreira, comenzou o éxodo de algúns de nós e a mín tocoume alonxarme dil dise xeito tan simple que ten a vida que é a distancia. Coma moitos máís perdimonos a pista. Eu marchara para Santiago e coido que Mero quedara por Lugo e Vilalba, pero non o sei fixo.

No ano 75 emigrei e abondo tiña con buscarme a vida. Así que aledeime moito saber que aquel compañeiro meu, que fixera o seus piniños coa guitarra, estaba como integrante daquel fenómeno musical que era "Fuxan os ventos". Unha carreira na que se implicou e que viveu intensanmente integrada no seu labor de mestre. Aí temos o bó mestre e o bó músico conxugados cunha bonhomía difícil de atopar. Na vida hai xente que sempre é exemplar, loitadora, traballadora, sacrificada, xenerosa e sempre leva na frente unha estrela e no bico un cantar. Coido que Mero cumpre magnificamente con tal imaxe.

Despois a vida foinos xuntando algúns anos nas comidas da promoción do 68. Como eran os sábados, procuraba vir desde Madrid a Lugo e así compartir amistade de xuventude. Xuntanzas efimeras, pero nas que tiñamos moi boa quimica xa fose falando do noso mestre Alonso Montero, a quen tanto seguía cando ía a dar conferencias a Madrid, como recordando os mestres e compañeiros os que perderamos a pista ou xa morrereran. Mero seguía sendo o de sempre, o que andaba apurado, o que tiña que chegar cedo á casa ou tiña unha actuación. Soupen tamén que deixara "Fuxan os ventos" e quixen entender que fora por perder a esencia da primeira ilusión. Despois soupen que andaba sempre con Mini e tiñan un grupo de música galega coa súa carga politica tamén. Coido que dicir o que se pensa da vida, incluida a política, é un servicio poético moi digno de considerar. Sempre oín dicir que eran compañeiros entrañables. Mini estivera no Vicedo e falaronme ben dil, pero eu só coñocin como compañeiro de Mero e a última vez foi precisamente no homenaxe en Vilaba a Xulio Xiz.

Pero a miña relación con Mero afianzouse e recuperouse moitísimo coa nosa xubilación. Agora vemos con máís frecuencia; escribimonos correos; mádame a Peneira, periódico no que el pubrica artigos na mesma línea de loita e defensa da Terra de sempre. Mero, non é acomodaticio, nin dócil, senón peleón no mellor senso da palabra. Defende o noso, a lingua, a terra, os dereitos dos asoballados, e sincero e coherente, e servicial e por riba ten bó carácter. Mero é poeta, non porque escribira libros ou gañara premios, senòn porque o que fala na escrita son sentimentos auténticos, sinceros, cheos de luz e guias para a vida.

Os amigos xúntanse, alédanse uns cos éxitos dos outros, compártese a ledicia e a pena según cadre. Os amigos son xoias con que nos obsequia a vida e iso resulta moi gratificante.

Así que aquí estou reafirmándolle as boas xentes de Mesia que é xusto e necesario amosar a gratitude con aquelas persoas coas que temos a fortuna de convivir, sabedoras, como é no caso de Mero, das moitas virtudes que o adornan. Eu seino moi ben.

A min pareceme pois que resultaría moi axeitada ó meu corazón a honra que merece Mero. Bendito o pobo que ten xente coma Él. Noraboa Mesía.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES